PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

PRESENTACIÓN DE COMICS: KAFKA PARA PRINCIPIANTES

Cómics e Mundos Fantásticos: Kafka para principiantes, de David Zane Mairowitz (Texto) e Robert Crumb (Debuxos)
Por: Emilio Lorenzo, 1º Bacharelato de Ciencias e Tecnoloxía

Para coñecer autores dos que doutro xeito quizais non lerías nada

Emilio cóntanos a historia de Kafka, marcada por un pai tiránico. As súas vivencias infantís nótanse na súa vida, na dificultade para relacionarse con mulleres, e na súa obra, na que os personaxes loitan sen éxito contra o absurdo da vida en sociedade, das
leis imposibles de cumprir. Os seus principais títulos son A transformación, O castelo e O proceso.
A colección “... para principiantes” ten volúmenes dedicados a moitos temas e autores dos que non leríamos quizais moitas cousas. Aquí están facilitados polos debuxos e a forma de cómic. Emilio falounos tamén de Freud para principiantes, Anarquismo para principiantes e a súa próxima lectura: Antropoloxía para principiantes.

APRENDE A USAR O BUSCADOR MEIGA

Quero atopar todos os libros da colección “...para principiantes”
...Buscar por: Frase ou texto // En: Título // (Criterio de busca): para principiantes
Aparecen as fichas dos libros, pero tamén outros que non son da colección e que inclúen esa expresión no seu título.
O verdadeiro nome da colección é “Documentales Ilustrados” , da editorial arxentina Era Naciente, así que para obter un resultado máis preciso busca por Frase ou Texto en Serie “Documentales Ilustrados”.
Ir directamente ó resultado: Obras con "para principiantes" no título, Obras da serie "Documentales ilustrados"

Quero atopar todos os libros de filosofía presentados como cómic ou libro ilustrado
Buscar por: Frase ou texto // En: Materia // (Criterio de busca): COMIC FILOSOFIA
Aparecen as fichas dos libros. Ves que, ademais dos libros “...para principiantes” hai tamén un cómic sobre Epicuro (cun debuxo excepcional, de Kieth, Oliff e Sinclair) e dúas enciclopedias con ilustracións para iniciarte na filosofía.
Ir directamente ó resultado: Cómics de filososfía



PRESENTACIÓN DE COMICS: A MAZMORRA

Cómics e Mundos Fantásticos: A Mazmorra, de Joann Sfar e Lewis Trondheim
Por: Anxo López, 2º Bacharelato Humanístico

Hai un cómic para cada persoa

Anxo presentounos estes cómics de Sfar e Trondheim. Situados nunha terra perdida, narran a historia dunha mazmorra, dividida en tres épocas: Mencer, Zénit, Crepúsculo.
Contounos a evolución dos personaxes, Herbert, Marvin, Marvin Vermello e moitos outros, desde que aparecen nos primeiros números ata a súa decadencia no Crepúsculo.
Tamén nos introduciu a outros personaxes de Trondheim: Míster I e Míster O. Aquí os libros non teñen texto e o debuxo ten que levar toda a carga da expresión e o relato. Son auténticas obras de arte, e moi divertidas.

APRENDE A USAR O
BUSCADOR MEIGA

Quero atopar todos os libros de Trondheim que hai na biblioteca
...Buscar por: Frase ou texto // En: Autor // (Criterio de busca): Trondheim
Aparecen as fichas dos libros.
Ir directamente ó resultado:
Obras de Trondheim

Non sei como se escribe Tro... que?
...Buscar por: Lista alfabética // En: Autor // (Criterio de busca): TRO
Aparece unha lista alfabética de autores a partir dos que empezan por Tro; Trondheim, Lewis estará probalblemente entre os 5 ou 6 primeiros. Pincha no seu nome e xa aparecen as fichas dos libros escritos por el.
Ir directamente ó resultado:
Autoras/es que empezan por TRO

Na busca do tesouro

@s clubeir@s andan á caza do tesouro, e, pista tras pista, van atopando as distintas bandas deseñadas de produción francesa á vez que nos damos de conta de que non só Astérix loce na biblioteca. Ao principio custou un pouco, pero, unha vez collido o truco, foi pan comido e axiña recoñecemos as obras.
Finalizamos comentando e falando das nosas bandas deseñadas preferidas; cada lector é un mundo e, con respecto ao cómic, @s nos@s clubeir@s son exquisitos.

PRESENTACIÓN DE COMICS: MEMORIAS DE IDHUN

Cómics e Mundos Fantásticos: Memorias de Idhún, de Laura Gallego
Por: Andrés Ferreiro, 1º Bacharelato de Ciencias e Tecnoloxía

Lin os libros porque me gustaban, aínda que non me identifico cos personaxes

Esta foi a presentación máis polémica ata o momento: Que se pode dicir sobre un libro? Ata que punto contar ou só suxerir, cando a trama é emocionante e chea de sorpresas, de detalles que hai que ir adiviñando? Como podes presentar un libro que xa todo o mundo leu? Andrés atopou o seu camiño a través desta senda chea de perigos e falounos dunha colección de culto, Memorias de Idhún, e doutras obras de Laura Gallego como La hija de la noche, El coleccionista de relojes extraordinarios ou a colección Crónicas de la torre.

APRENDE A USAR O BUSCADOR MEIGA

Quero atopar todos os libros de Laura Gallego que hai na biblioteca
...Buscar por: Frase ou texto // En: Autor // (Criterio de busca): Gallego García, Laura
Aparecen as fichas dos libros. Se escribes só “Gallego” aparecen máis obras doutras/os autoras/es que tamén teñen o apelido “Gallego”
Ir directamente ó resultado: Obras de Laura Gallego

Quero atopar só os libros de Memorias de Idhún
...Buscar por: Frase ou texto // En: Serie // (Criterio de busca): Idhún
Aparece as fichas dos libros. Anímaste a buscar ti os da colección Crónicas de la torre?
Ir directamente ó resultado: Colección Memorias de Idhún











PRESENTACIÓN DE COMICS: MAUS

Cómics e Mundos Fantásticos: Maus, de Art Spiegelman
Por: Irene Villar, 1º Bacharelato Humanístico

Vese todo o sufrimento de aquela xente

Irene recoméndanos un dos seus favoritos: Maus, de Art Spiegelman. É un cómic no que se relata graficamente a vida do pai do autor, prisoneiro nun campo de concentración nazi.
É unha boa maneira de coñecer todos eses sucesos históricos que custa tanto aprender memoristicamente e que aquí se ven debuxados. Os xudeus represéntanse por ratóns, os nazis por gatos, os polacos por porcos…
Di Irene: “O protagonista, está sempre aproveitando cousas usadas, nótase como tivo que facelo para sobrevivir. Ata levou artigos xa abertos a unha tenda para devolvelos!
Tamén é racista, xa que considera que todos os “negros” (schvertzer) son sucios e ladróns”.
Esta obra tamén nos abre a novas lecturas, como “Palestina: na franxa de Gaza”, cómic de Joe Sacco, que se pode pedir prestado tamén na biblioteca.

APRENDE A USAR O BUSCADOR MEIGA

Quero atopar todos os cómics ou libros sobre cómics da biblioteca
...Buscar por: Frase ou texto // En: Materia // (Criterio de busca): COMIC
Aparecen as fichas dos libros. Non todos eles son cómics: algúns son estudos sobre o cómic, ou simplemente literatura xuvenil ilustrada. Verás que hai banda deseñada en moitas seccións (Historia, Filosofía, Linguas clásicas)
Ir directamente ó resultado: CÓMICS