PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS
FELIZ DÍA DO LIBRO
GALICIA LE
https://www.galiciale.gal
PLATAFORMA DE PRÉSTAMO DE LIBROS ELECTRÓNICOS DAS BIBLIOTECAS PÚBLICAS DE GALICIA
COLCHA SOLIDARIA
UNHA COLCHA TECIDA POR TODO O CENTRO
Xa publicamos o making off da nosa colcha solidaria contra a violencia de xénero que non puidemos rematar en novembro pero que si penduramos custo antes do confinamento. Por iniciativa da profe Olga Lalín e a biblioteca TODOS os cursos participaron na elaboración dela e estamos orgullosos de vola presentar.
Ademais a nosa alumna de 2º FP Administrativo, Andrea Castro Cameselle deleitounos coa lectura do seu texto 52 cicatrices radicado a todas as víctimas de violencia machista.
E o noso alumnado de música de 4º ESO A e B cantounos o seu RAP contra a violencia de xénero. 💪
GRAZAS
Xa publicamos o making off da nosa colcha solidaria contra a violencia de xénero que non puidemos rematar en novembro pero que si penduramos custo antes do confinamento. Por iniciativa da profe Olga Lalín e a biblioteca TODOS os cursos participaron na elaboración dela e estamos orgullosos de vola presentar.
Ademais a nosa alumna de 2º FP Administrativo, Andrea Castro Cameselle deleitounos coa lectura do seu texto 52 cicatrices radicado a todas as víctimas de violencia machista.
E o noso alumnado de música de 4º ESO A e B cantounos o seu RAP contra a violencia de xénero. 💪
GRAZAS
PREMIOS ÁO AMOR
PRIX A L'AMOUR 🙌 💖💖💖💗
1ER CONCOURS D' IMAGES D'AMOUR IES PEDRO FLORIANI
En colaboración coa profe María José e o seu magnífico e implicado alumnado de francés demos os premios á mellor definición do AMOR.
Por suposto a profe agasalloulles cun diploma e cunhas lambadas para premiar a sua participación. Noraboa ás gañadoras.
LECTURAS NA BIBLIO
NEIL GAYMAN é un mago das literatura fantástica e.....
CORALINE é unha das suas excelentes historias.
A finas de febrero fixemos a lectura compartida do capítulo seis cos dous grupos de 2º ESO e despois xogamos co vocabulario e a imaxinación.
OBRADOIRO DE INICIACIÓN Á ROBÓTICA
Relacionado coa celebración na Universidade de Vigo de Elas fan Ciencia 2020 e grazas á aportación económica da Xunta no Plan de Igualdade 2019 o mércores 5 de febreiro fixemos un obradoiro de iniciación á programación de Robots para as alumnas de 3ºESO.
O principal obxetivo era o fomento dos estudos científico-tecnolóxicos entre as alumnas do centro.
Traballaron en grupos de 2-3 alumnas, pasamos unhas horas moi entretidas e conseguimos controlar os robots coas teclas do ordenador e programar un sinxelo segueliñas utilizando o sensor de IR. As alumnas perderon o medo ao mundo da programación e a robótica e a profe de Tecnoloxía quedou encantada.
Estivemos tan entretidas que esquecemos facer mais fotos..............
Estivemos tan entretidas que esquecemos facer mais fotos..............
.....Grazas a todas polo interés e a atención.
CHARLA TELECO
O profesor da Escola da Enxeñería de Telecomunicacións de Vigo, Antonio Pena axudounos a ver a enxeñería como unha carreira social que busca solucionar os problemas da xente. Ademáis, a enxeñería da telecomunicacón vai a estar presente nas novas tecnoloxías de aquí ao 2025 (internet of things, advanced robotics, AI, cloud technology..)
https://www.pluralsight.com/blog/career/tech-in-2025.
Aquí poderes obter moita mais información sobre os estudos elaborada polo mesmo profesor.
https://www.calameo.com/accounts/6244065
AMERICAN CIVIL RIGHTS
AMERICAN CIVIL RIGHTS MOVEMENT
O alumnado de 1º BAC Tecnolóxico estivo elaborando un mural sobre o movemento dos dereitos civis en América.Aquí tendes fotos do making-off e do resultado final. O traballou serveunos de reflexión sobre o traballo en grupo e cales son os puntos nos que temos que mellorar e nos que somos moi efectivos.
Charla EME
CHARLA ESCOLA DE MINAS E ENERXÍA
O pasado xoves 6 de febreiro a directora da Escola de Minas e Enxeñería de Vigo, Elena Alonso Prieto explicounos en qué consisten os estudos de minas e enerxía . Ao mesmo tempo desmantelou moitos estereotipos que temos sobre os enxeñeiros desta especialidade (eles son os especialistas na extracción e fabricación de case todos os materiais que utilizamos no noso día a día así como os encargados da producción da enerxía de xeito sostible).Animou as rapazas para que sigan este tipo de estudos e informounos que a ratio de estudiantes mulleres é dun 31% seis puntos porcentuales por riba da media europea.
Na power point podedes obter máis información sobre os estudos é no anexo tendes información sobre as mulleres pioneiras no mundo da enxeñería.
HISTORY TIMELINE
AMERICAN REVOLUTIONARY WAR
A guerra de Revolución americana dos colonos contra as abusivas leis do imperio británico marcou o inicio do que foi a redacción dunha das primeriras constitucións do mundo moderno.
Despois tres semanas de intenso traballo no que tivemos que desenvolver moitas competencias de procura e elaboración de información este foi a proposta do grupo de 1º BAC humanístico.
OBRADOIRO DE MANGA
OBRADOIRO DE MANGA CON DANI DOCAMPO
O mércores 29 visitou o noso centro Dani Docampo, coñecido artista e profesor de debuxo manga.Puidemos descubrir o mundo do cómic e poñer en practica a técnica.
Os grupos de 1º ESO A e B aproveitaron con entusiasmo o obradoiro.
Exposición de robots
Os alumnos de Bacharelato de Tecnoloxía Industrial programaron robots e fixemos unha pequena exposición na Biblioteca para amosarllos aos alumnos da ESO e de FP básica.
mbot LABERINTO:
programado para que atope a saída mantendose sempre a 5 cm da parede da dereita.
ROBOTS SUMO:
Busca ao rival e empuxa nel para quitalo do tatami
mbot CAMALEÓN:
detecta a cor e encende os mbot RETIRA OBSTÁCULOS: mbot BUSCA e SEGUE LUZ:
LEDS da mesma cor
mbot LABERINTO:
programado para que atope a saída mantendose sempre a 5 cm da parede da dereita.
ROBOTS SUMO:
Busca ao rival e empuxa nel para quitalo do tatami
mbot CAMALEÓN:
detecta a cor e encende os mbot RETIRA OBSTÁCULOS: mbot BUSCA e SEGUE LUZ:
LEDS da mesma cor
![]() |
Mbot con mando por IR |
![]() |
mBOT recoñece ordes de VOZ |
Aquí podedes ver un video e algunhas fotos da exposición
BOLETÍN DE SUXESTIÓNS 2020
Suxestións de lecturas sobre Feminismo e sobre STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas).
Agardamos que vos gusten
Agardamos que vos gusten
TEATRO ESCOLAR
MARCELA E ELISA - Uhna función moi especial.
Por segundo ano consecutivo, a biblioteca de IES Pedro Floriani ven organizando funcións de teatro escolar para todos os centros de secundaria da vila.
Neste caso, puxémonos en contacto coa compañía de " A panadaría" e representaron a obnra sobre a primeira parella de lesbianas galegas : " Marcela e Elisa". A obra estaba dirixida para todo o alumnado de 4º e 1º BAC dos centros escolares de IES Mendiño, Illa San Simón e Pedro Floriani.
Despois da función tivemos unha pequena charla coas actrices quenes explicaron o proceso creativo e a montaxe da obra.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)