PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

CONTOS DO FLORIANI

OBRADOIRO DE ESCRITURA CREATIVA


O 30 de xaneiro tivo ligar a primeira sesión do noso obradoiro de contos de escritura creativa.
A partir de un tempo, lugar e persoaxes elexidos o chou o noso alumnado tiñan que crear contos no que houbera un protagonista/ antagonnista e un conflito.

Proximamente faremos a segunda parte e publicaremos os mellores relatos como Contos do Floriani.


FUNCIÓN DE SOMBRAS CHINESAS

EMPEZA A FUNCIÓN..

O pasado vendes día 8 o alumnado de teatro representaron catro contos con sombras chinesas elaboradas por eles mesmos.
Baixo a dirección e supervisión de Tatán e Adrián da compañía de títeres Tanxarina nos transportáronnos a un mundo máxico.




Os contos representados son todos da editorial Kalandraka: 
" Pancho" de Antonio Santos
"Renato" de Manolo Hidalgo
" A figueira de Pelostortos" Ana García Castellano 
" Eu non fun" Cristian Voltz



FORMACIÓN USUARIOS

          XOGANDO COS CONTOS 1º ESO

Como todos os anos a formación de usuarios para 1º ESO  baséase na temática do noso proxecto de B.E.

Propuxemos un xogo de identificación de contos clásicos, emparellando título, debuxo e autor. Todas as pistas atopábanse agochadas nas distintas secións da biblioteca. Os grupos tiñan que atopar o libro físico, ler a pista e logo tratar de averiguar de que conto se trataba e o seu autor. 





DIA DA MULLER NA CIENCIA


11 DE FEBREIRO DIA DA MULLER NA CIENCIA

A NOSA APOSTA POLA DIFUSIÓN DAS CIENTÍFICAS DE TODOS OS TEMPOS.

 

BIBLIOGRAFÍA DE LA SECCIÓN DE FEMINISMO DE NUESTRA B.E.:




DÍA DA PAZ

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ CUN OBRADOIRO SOBRE CUNCOS TIBETANOS

Tanto profesores como alumnado puidemos aprender a manipular e tocar os cuncos. Experimentamos co seu son e a súa vibración. Poden axudar a relaxarnos, concentrarnos mellor e a ser máis conscientes da nosa respiración.
Aquí tendes un pequeno apunte bibliográfico que pode ser de utilidade:








Aquí tendes un video no que se explica o uso dos cuncos.


Reflexións da " Hora de Ler"

O que nos aporta a lectura?

Hora de ler ( 29 xaneiro 2019) 4º B 

María y yo: "Lo empecé a leer porque mucha gente utiliza "autista" como insulto y a mi no me parece bien. Como en este libro la chiquilla tiene autismo aprendo más cosas sobre él para demostrar que no se debe usar como insulto" (Marcos)

Cometas en el cielo - " Unha historia impresionante sobre uns nenos afganos de finais do século XX"
(Nayara )

Histeria- " A histeria é o berro d rebeldía do corpo" (Marey)

Edipo- " Habla de su maldición" (Sheyla)

El capital-  "Lo empecé a leer porque hace poco estudiamos el marxismo en sociales y me interesa el tema"  (Lucía)

Españistán " La realidad que se está viviendo antes y ahora" ( Paula)

 La señora Dalloway " Preciosas descripciones. Me tranquiliza leer este texto" Saraiba

La ola - " Un profesor intentando enseñar a sus alumnos porque los nazis hacían el mal" (Ana)




OBRADOIRO TEATRAL


SOMBRAS CHINESAS

O gupo redondelán Tanxarina vai a celebrar un obradoiro na nosa B.E. para o alumnado de teatro de 2º ESO. 
Terá unha duracción de 12 horas na que os/as alumnos/as aprenderán todo o proceso dende fabricación das sombras, manexo delas na pantalla, reparto persoaxes, texto e dramatización. O proceso culminará o venres 8 de febreiro cunha representación para todo o centro no salón de actos.







PROPÓSITOS PARA O ANO NOVO







NEW YEARS'A RESOLUTIONS


SEMANA DA CIENCIA

CELEBRANDO A ....CIENCIA

Este ano quixemos celebrar a semana da Ciencia cunha exposición sobre o método ciéntifico así como con explicacións da importancia da ciencia na nosa socidade. Incluimos ademais unha sección sobre a ciencia en inglés e os/as científicos/as máis influintes dos últimos tempos.





APADRIÑAMENTO DE LECTORES

LENDO CONTOS.........

O pasado 21 de decembro o equipo de voluntarias da nosa B.E. foron ao centro de Santa Mariña a contar contos de nadal ao alumnado de 2º de primaria.

Participaron 9 alumnas de 4º ESO e 1º FP Básica e a experiencia foi tan enriquecedora que imos voltar en breve con máis historias esta vez en inglés. 

 

A TARTARUGA DE DARWIN

A NOSA BIBLIOTECA APOIA O TEATRO ESCOLAR!!

TODOS OS IES DE REDONDELA ( IES MENDIÑO, IES SAN SIMÓN E IES PEDRO FLORIANI)  DISFRUTARON DE " A TARATARUGA DE DARWIN" DE JUAN MAYORGA.

A nosa B.E. organizou unha actividade conxunta para todo o alumnado de 1º Bacharelato e 4º ESO de todos os IES de Redondela para ver unha adaptación  en galego da obra de Juan Mayorga " La tortuga de Darwin" traducida e adaptada por a Escola Municipal de Teatro de Vigo baixo a dirección de Eva Vila. Tamén elaboramos unha unidade didáctica que podedes atopar a continuación.







MICROCONTOS




Os microcontos ou microrelatos son un formato literario que ten moita aceptación entre o público lector. Como actividade preliminar ao obradoiro de escritura de microrelatos (que organizaremos no vindeiro trimestre) analizamos as características xerais dos microrelatos, limos e comentamos unha selección de microrelatos que podedes ver no documento



https://issuu.com/bibliofloriani/docs/microrelatos.docx
Ademais, incluimos unha serie de microrelatos pola igualdade que no teñen desperdicio e que podedes atopar no seguinte link.

REDE DE ESCOLAS NON MÁIS PEDRAS.

 NON MÁIS PEDRAS

 Como xa ven sendo habitual no noso IES, colaboramos coas propostas de Amnistía Internacional  neste caso no día contra a  Violencia de Xénero.

A actividade consistiu nun relato basado en feitos reais e cinco pedras (que físicamente se colocaron no patio) : as que físicamente se atopou a protagonista da nosa historia.

En cada unha delas un grupo de alumnos e alumnas de ciclo medio contaban o suceso ás / ós seus / súas compañeiros/as.






Photo call 25 nov


A nosa aportación deste ano para o Día contra a Violencia de Xénero.
Participaron alumnos de 3º  ESO, 1º Bac.
¿Como ven eles en imaxes a violencia de xénero
. Este foi o resultado: as imaxes valen máis que mil palabras.

FORMACIÓN USUARIOS


FORMACIÓN DE USUARIOS : OS CONTOS 2018 

1º FP

Os contos foron os protagonistas da nosa formación de usuarios desde ano: agochamos unha serie de pistas nalgúns libros de contos da nosa B.E. e o alumnado tiña que localizar as pistas que lles conducían ao autor e ao título unha vez atopados debían emparellar cada ilustración co título, o autor é unha breve reseña sobre a súa vida e obra literaria.