PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

O ARTE DE APRENDER

QUE PASA SE UNIMOS BIOLOXÍA, EDUCACIÓN AMBIENTAL E PLÁSTICA? OS CHOCOS SON PRODUCTOS DA NOSA RÍA E A SÚA TRADICIÓN CULINARIA EN REDONDELA E POR TODOS COÑECIDA. As mozas e mozos de 2º ESO ilustraron así o seu ciclo vital. Disfrutade das súas obras de arte.

              

CHARLAS FILOSÓFICAS

SER HUMANO E TECNOLOXÍA



Este ano facemos as charlas filosóficas nas aulas porque non podemos xuntar os dous primeiros de bacharelato, pero facémolas coa mesma ilusión de sempre aínda que non teñamos a contorna privilexiada da biblioteca.

Dentro do tema deste ano, traballamos as seguintes obras:

En 1º A: 1984, Señor das moscas, Frankenstein.

En 1º B: Black mirror, O home bicentenario, Sociedade e tecnoloxía (Eros e civilización, Señor das moscas, 1984).

 Aquí tendes un exemplo das presentacións:


RESEÑAS

 CREATIVIDADE E LECTURA VAN XUNTOS NESTAS MARAVILLOSAS GUÍAS DE LECTURA ELABORADAS POLO NOSO ALUMNADO:





CHARLA ARQUITECTURA

  A nosa compañeira Marta  Guirado licenciada en arquitectura, arqueóloga e pedagoga compartiu co alumnado de 1º ESO o seu saber sobre os orixes das cidades e a sostenibilidade das actuais.



ENQUISA AVALIACIÓN BIBLIOTECA

 Link de acceso a enquisa de hábitos lectores e avaliación biblioteca escolar.

https://docs.google.com/forms/d/1_C0YWPgXhuGc5Bv_59DKUqrJ1fAaBoMdUabmTxERDeg/edit



Exposición sobre Xela Arias



 O alumnado de 1º e 2º ESO  traballando coa exposición de Xela Arias cedida polo colectivo Egeria.







CHARLA SOBRE ENXENERÍA E IGUALDADE DE XÉNERO

A directora da EME ( Escola de Mineria e Enerxía ) Elena Prieto da Universidade de Vigo viu falarnos da enxenería da enerxía e as súas saídas profesionais.
Unha parte importante da charla levounos a reflexionar sobre conceptos como o autosesgo no que ás propias mulleres tenden a prever que acadan peores resultados dos reales.

AS REDES SOCIAIS 1º BAC

PRESENTAMOS OS TRABALLOS REALIZADOS POLO NOSO ALUMNADO DENTRO DO PROXECTO INTERDISCIPLINAR DE FILOSOFÍA, LINGUA INGLESA E CULTURA CIENTÍFICA.

ENQUISA SOBRE O USO DAS REDES SOCIAIS ENTRE O NOSO ALUMNADO

e aquí os resultados: 



LF

A nosa biblioteca escolar pretende adaptarse a todos e todas os/as lectores/as. E por iso que vimos de inagurar unha sección de Lecturac Fácil. Queremos facer asequibles todo tipo de textos dende poesía ata narrativa ou libros de consulta.

ESTEREOTIPOS FEMENINOS NA ARTE

Como parte da educación en igualdade de xénero pola que esta B.E. ven apostando presentamos un traballo elaborado e exposto por María Barreiro,  ex-alumna, xa licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade Pablo de Olavide de Sevilla e agora en prácticas no noso centro.


DÍA DO LIBRO 2021

Vídeo do Día do Libro 

RESULTADOS ENQUISA

Aquí tendes os resultados da nosa enquisa sobre o coidado na linguaxe. As palabras teñen intencións, emocións e poden ferir ou sanar dependendo de como as utilicemos.

XOGOS NA BIBLIO

A INTELIXENCIA ARTIFICIAL

O noso compañeiro en prácticas Camilo Prieto deunos unha charla sobre os usos máis novedosos da IA e así de cómo o seu funcionamento a través de algoritmos.

REFLEXIONANDO SOBRE A TECNOLOXÍA

COMO PROXECTO INTERDISCIPLINAR DA BIBLIOTECA PROPUXEMOS A INFLUENCIA DA TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS. EMPEZAMOS TRABALLANDO A PARTIR DUN INTERESANTE DOCUMENTAL SOBRE AS REDES SOCIAIS "SOCIAL DILEMMA". ESTA FOI A NOSA PROPOSTA PARA GRUPOS COLABORATIVOS.

PADLET SOBRE QUEN NOS COIDA

      👪 E A TÍ QUEN TE COIDA?

    Seguindo coa temática dos coidados o alumnado de 4º ESO elaborou un padlet en inglés en homenaxe ós seus/ ás súas coidadores/as:



 

Hecho con Padlet
GRAZAS A TODOS E TODAS POR COMPARTIR AS VOSAS EXPERIENCIAS!!

SUXERENCIAS LECTORAS

 O COIDADO

AQUÍ TENDES ALGUNHA BIBLIOGRAFÍA SOBRE UN TEMA QUE NOS AFECTA A TODOS E TODAS.


HOMENAXE A SESÉ

  Dende a biblioteca do IES Pedro Floriani queremos facer este sinceiro homenaxe a Sesé Mateo e a seu fillo Joshua pola súa labor en aras da igualdade. Grazas ós dous polas súas inspiradoras palabras.

Sesé Mateo de pilar dios

NOVIDADES NA HORA DE LER ✨


O que máis nos gusta na biblio do Floriani é que o noso alumnado veña á biblioteca e desfrute tocando, collendo e manipulando os libros que temos para eles. E iso era o que facíamos sempre antes de empezar a Hora de Ler: traer o alumnado á biblioteca para que elixira o que lle apetecía ler nese tempo.  Desgraciadamente este curso as circunstancias non nos permiten facelo, polo que tivemos que artellar un novo sistema, que implementamos durante esta primeira avaliación, para achegar os libros ao alumnado

1. O primeiro foi elaborar dous padlets, un dirixido a 1º e 2º ESO e outro para 3º, 4º e FPB con suxestións en forma de fotos de moitos dos libros que hai na biblio. 1º e 2º ESO  3º, 4º e FPB

2. O alumnado debía cubrir un cuestionario online elixindo tres títulos por orde de preferencia dos que aparecían no padlet ou doutros libros que eles soubesen que estaban na biblio. Ademais, había un apartado para solicitar outros libros que lles apetecese ler. Se os tiñamos na biblio, reservábamolos para eles e, se non, gardábamos esas propostas como suxestións para futuras adquisicións de fondos. 

3. Finalmente, o equipo de biblioteca clasificou e encheu, cos libros solicitados, unha caixa de lectura para cada grupo. Cando chegou o día da primeira sesión da Hora de Ler, e para respectar todos os protocolo covid, o profesorado foi pasando pola biblioteca para levar as caixas ao seu destino.

4. Durante as seis semanas que durou a Hora de Ler, o alumnado tiña a posibilidade de cambiar o libro que estaba lendo. Para iso debía escribir un correo electrónico á biblioteca ou cubrir de novo o cuestionario para solicitar outro libro. O equipo da biblioteca encargábase de metelo na súa caixa para que o tivese disponible na seguinte sesión de lectura. 

Este sistema supuxo un traballo minucioso para o equipo da bibliteca, pero tamén a satisfacción de promover o gusto pola lectura. 

VOLVORETAS 25 N

Por iniciativa do Concello de Redondela este ano todos os IES da nosa contorna participamos nunha acción conxunta para celebrar o Dia Internacional contra a Violencia de Xénero: a elaboración de centos de bolboretas para a súa  posterior exposición no multiusos.

Aquí está o proceso de creación:







e a  visita á exposición por parte dos artistas de 4º ESO





PREMIOS CORTOS DE TERROR SAMAIN

O ALUMNADO DE 1º E 2º ESO PARTICIPOU NO CERTAME DE TERROR ORGANIZADO POLA BIBLIOTECA E O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA. OS GAÑADORES DO CONCURSO FORON: DIEGO, TEO E YAGO DE 1º ESO



NORABOA A LUCÍA E ROCIO DE 2º ESO

E TAMÉN A SERGIO E DANIEL DE 1º

FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS!!!

Dende a Bilioteca do IES Pedro FLoriani queremos celebrar o Día Internacional das Bibliotecas cunha presentación sobre o lema deste ano: Xeografías Lectoras, na que asociamos nomes de cidades e libros. Esperamos que sexa inspiradora de boas lecturas. Disfrutádea!!!!

SAMAIN 2020

PARTICIPA NA PROPOSTA CREATIVO-LITERARIA PARA SAMAIN EN COLABORACIÓN CON DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA ADULTOS E ESA

 LER FAITE MÁIS......LIBRE.

Inauguramos Padlet con recomendación lectoras para familias, profes, PPNN, alumnado ESA.
Xa están dispoñibles na vosa Biblioteca. Lembrade usar o formulario da Hora de Ler para enviar suxestións. 

GRAZAS


Hecho con Padlet

PROTOCOLO COVID BIBLIOTECA

 Estas son as novas normas para o uso da biblioteca. 

O aforo máximo  será de 20 persoas. Non te esquezas de pedir cita previa.



INSTAGRAM

XA TEMOS CONTA EN INSTAGRAM ONDE PUBLICAMOS AS VOSAS RECOMENDACIÓNS LECTORAS.

https://www.instagram.com/biblioiespedrofloriani/



GRAZAS POR SEGUIRNOS😉😊

CITA PREVIA

FORMULARIO CITA PREVIA

As novas normas obrigaron a adaptar o espazo da biblio. Agora o aforo está limitado a 20 persoas.
Por iso, é necesario que cubrades o formulario de cita previa para vir nos recreos ou noutra hora que precisedes. PREMEDE AQUÍ PARA ACCEDER AO FORMULARIO.
MOITAS GRAZAS POLA VOSA COMPRENSIÓN😊👍



HORA DE LER 20-21

 HORA DE LER 20-21



NESTES ENLACES TENDES A NOSA SELECCIÓN DE LIBROS PARA AS BIBLIOTECAS MÓBILES QUE ESTARÁN A DISPOSICIÓN DO NOSO ALUMNADO A PARTIR DE OUTUBRO


NORMAS SOBRE O PRÉSTAMO DE LIBROS PARA 

                                    A HORA DE LER



                            IES PEDRO FLORIANI  -  CURSO 2020/21

O alumnado accederá desde o blog da biblioteca (bibliofloriani.blogspot.com), ao formulario de google para solicitar o libro que quere ler.

No formulario figuran dous enlaces a padlet con propostas de lecturas: un dirixido a 1º e 2º de ESO e outro para 3º, 4º e FPB.

Cada persoa deberá cubrir un formulario para formalizar o empréstito do seu libro para a Hora de ler. No formulario deberá incluir alomenos catro títulos por orde de preferencia, aínda que o préstamo será só dun libro.  

Pódense pedir libros de calquera dos dous padlet, independentemente do curso ao que se pertenza. Así, un alumno de 3º ou 4º pode pedir libros do padlet de 1º e 2º e viceversa. Sen embargo, a pertenza a un determinado curso pode dar prioridade á hora de tomar prestado un libro se máis dunha persoa o solicita. 

O alumnado recibirá na aula a caixa con todos os libros do seu grupo (un por persoa). Ao finalizar a sesión a caixa deberá baixarse á biblioteca, onde permanecerá ata a seguinte sesión.

En cada libro figurará unha nota (post-it)  co seu destinatario. Ademais, pegada na caixa irá unha lista con todo o alumnado do grupo e o libro que ten cada un. 

Se algunha persoa quere cambiar o libro de lectura, deberá comunicalo a través dun correo electrónico a horadelerfloriani@gmail.com no que inclúa o seu nome, curso e o libro que solicita con, polo menos, 24 horas de antelación con respecto á seguinte sesión da Hora de ler. É aconsellable que o alumno inclúa polo menos dous títulos por orde de preferencia, por se o que desexa ler non está dispoñible nese momento. 

De non poder comunicalo a través do correo electrónico, deberá facelo a través dunha nota que entregará coa caixa.

LECTURAS EN PDF PARA TODOS

BENVIDOS E BENVIDAS A UN, A LO MENOS, DESAFIANTE CURSO.

PROPOÑEMOS COMENZAR ESTE ANO CON LECTURAS ONLINE QUE PODEDES DESCARGAR EN PDF NO ORDENADOR. 

Hai para todos os gustos e sobre todos os temas. Preme AQUÍ para ter acceso ó sitio web.


Recomendámosche Demian de Herman Hesse. Un Bildungsroman ou novela de formación que narra a evolución espiritual do adolescente Emil Sinclair.

http://bibliotecadigital.ilce.edu.mx/Colecciones/ObrasClasicas/_docs/Demian_HermannHesse.pdf

Deixámosche enlaces de lecturas online ou descargas gratis de libros para que vaias disfrutando:

https://galicia.ebiblio.es/opac/#indice ( web de préstamo electrónico alega)
https://www.galiciale.gal ( plataforma de préstamo electrónico das bibliotecas públicas galegas)
https://www.elejandria.com
https://reddebibliotecas.org.co/sala-lectura/project-gutenberg
https://www.literanda.com
http://www.libroteca.net/Buscador-de-libros.asp?geo=hispana
http://www.bne.es/es/Catalogos/BibliotecaDigitalHispanica/Colecciones/
https://www.europeana.eu/es/collections/topic/6-book






E-LEARNING


AQUÍ TENDES DEZ PLATAFORMAS QUE VOS PODEN AXUDAR PARA A EDUCACIÓN ONLINE. PREME NA FOTO