PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

CAMBIA O CONTO

 Que contan os contos que nos contan?

Pedimos aos grupos  de 1º ESO que trouxeran contos intantís que lles contaban de pequenos: Cincenta, Brancaneves, Carrapuchiña Vermella... e analizamos os roles de xénero presentes en cada un deles. 
Estes foron algunhas das observacións sobre os personaxes do alumnado: 

 Os personaxes femininos desenvolven, principalmente, dous roles, como vemos a continuación:
- Por unha banda, temos as protagonistas, que son en xeral personaxes boas, sumisas, inxenuas...
            Cincenta: boa, guapa, sumisa, traballadora.
            Brancaneves: boa, guapa, inxenua.
            Carrapuchiña Vermella: inxenua, indefensa.
            Aurora (Bela Durminte): delicada, dulce, educada, coidadosa, fermosa, indefensa.
            Ratiña presumida: inxenua, fermosa, sumisa, indefensa.

- Por outra banda, temos as antagonistas, que son malvadas, caprichosas, feas...
            Madrastras de Cincenta e Brancaneves: incomprensivas, intransixentes, maltratadoras, malvadas.
            Hermanastras: feas, perversas, consentidas e caprichosas.
   
En canto aos personaxes masculinos, polo xeral encarnan un papel salvador, son os rescatadores das indefensas protagonistas que, grazas a eles, se salvan. Son guapos, galantes, educados, valentes e protectores, e casan coa protagonista, o cal non deixa de ser tamén un xeito de salvala. 




BOLETIN DE CONTOS

BOLETIN DE CONTOS

Unha selección dos nosos fondos bibliográficos con contos.


MICROMACHISMOS

MICROMACHISMOS

"Así non se comporta unha señorita.."


Son comentarios que están interioridades e se repiten sen que sexamos conscientes deles.

Falamos cun grupo de 2º ESO sobre.....MICROMACHISMOS. Utilizamos como introducción ao tema este artículo en El Pais
As rapazas comentaron que se querían xogar ao fútbol cando estaban en primaria os rapaces non lles deixaban ou se lles deixaban non lles pasaban á pelota porque dicían que xogaban mal. Hoxe una desas nenas, Sofía, é capitana dun equipo de fútbol.
A Iría e Yoel non lles gusta nada escoitar comentarios tipo: e "Cando botas mozo?" e se teñen mozo " "..e para cando vos casades?"  " Tes que vestir como unha señorita"
A Chaima que lle encantan os videoxogos confiesa que ten que facerse pasar por rapaz para poder xogar. Cuando entra nunha tenda de videoxogos todos son rapaces e síntiese observada.
Os menos tamén recoñecen micromachismos: os seus pais non van de compras con eles son as nais.

NEUROCIENCIA

CARLOS SPUCH neurobiólogo da Universidade de Vigo viunos dar unha  interesantísima charla sobre neurociencia.

Falounos do cerebro humano, do sistema nervioso periférico, das neuronas periféricas (todas xuntas pueden dar diez veces la vuelta a la tierra). hemos una 8.000 millón de neuronas.

Da xenética: só seis genes relacionados co desenvolvemento da corteza cerebral están ligados á esquizofrenia e o autismo. O que agora se consideran trastornos noutras circunstancias sociais non o eran. E de como as emocións son fundamentais para tratar enfermedades mentais.


De cómo o cerebro é un órgano social e de cuando estamos con gente coa que sintonizamos os nodos se cerebros se sincronizan e comenzar a vibrar a misma frecuencia..




ENTREGA DOS PREMIOS

OUR AWARDS......

O pasado venres día 3 de maio fixemos entrega dos premios aos/ás gañadores/as do concurso literario do día do libro.



Ademais tamén fixemos entrega dun agasallo aos mellores diarios da viaxe a Londres.
congartulations to you all!!!

Charlas filosofia

REFLEXIONANDO ....COS CONTOS

Hoxe dia 30 de abril os alumnos Iñaqui Míguez e Andres Pereira de 1º Bac B presentaronnos a charla sobre o libro " 39 (simples) cuentos filosóficos" escrita por Roberto Casatti e Achille Varzi e publicado en Alianza.
" O libro sorprendeume moito e resultou moito máis entretido do esperado" comentou Iñaqui.
"O conto que máis me chamou a atención foi o do " O efecto placebo" porque está de actualidade e mostra a temática da ética moral dos farmaceúticos".


EXPOSICIÓN LIBROS PROHIBIDOS



LIBROS PROHIBIDOS: 

O Quixote, O Diario de Anna Frank, Persépole, O Proceso de Kafka,   Rebelión en la granxa,  incluso Harry Potter..estos son algúns dos títulos da exposición que organizaron o alumnado da materia de Literatura Universal.

Algúns títulos sorpréndennos:
Tintín no Congo, considerado racista por describir aos congoleños como perguiceiros. Foi prohibido no Reino unido en 2007.
D. Quijote de la Mancha, foi unha obra censurada pola igrexa. Para moitos a queima de libros por parte do cura e o barbeiro viuse como unha clara alusión á quiema de libros que realizaba regularmente a Inquisición.
A Biblia, en 1234 o rei Xaime I de Aragón ordenou queimar as Biblias escritas en linguas vernáculas. Algúns países prohibiron partes da Biblia, Corea do Norte é o único país que a prohibiu na súa totalidade.

CONTOS

CONTOS GAÑADORES

BESTIARIO

Dentro das actividades do noso proxecto de B.E : os contos,  a profesora de lingua castelá presentounos estos traballos creativos elaborados polo alumnado de 1º ESO.
As imaxes falan por sí soas.


 


DÍA DO LIBRO

DÍA DO LIBRO

1. Xogando coas palabras.

Agochamos definicións entre as páxinas de diversos libros da B.E. . O dogo consistía en atopar os fondos por autor e emparellar as definicións coas palabras.





"Aprendimos vocabulario e lembramos como ator os libros na biblio"


2. Adivina o título e o autor. 

Propuxemos este xogo con doce libros xuvenís e adultos populares: facilitamos o título e o alumnado participante debe de escribir o nome e apellidos do autor ou autora.





CUMPRIMOS 12 ANOS

A biblioteca ven colaborando na organización da viaxe cultural a Londres dende 2007 para o alumnado de 1º Bacharelato. Incluindo sempre fondos de interese educativo en idioma inglés.
Aquí publicamos algunha das imaxes dos momentos máis emotivos así como os diarios elaborados polo noso alumnado e os fondos comprados para diferentes departamentos.




   THE GLOBE                                                                                   ST, PAUL'S CATHEDRAL

                                                          
   
THE LONDON EYE
BUCKINGHAM PALACE



DÍA DA POESIA

OS VERSOS QUE CHEGAN .... AO CORAZÓN

Celebramos o día da poesía recopilando os versos que máis significado emotivo tiñan entre todo o profesorado. 

O verso gañador nos falaba do amor e a profesora gañadora recibiu o premio (un ramo de flores) no día do seu aniversario de boda. 



CONTOS CON ENSINANZAS


CONTOS CON ENSINANZA

Cos grupos de 3 da ESO fixemos unha selección  de oito relatos extraídos do libro de Ramiro Calle e    Sebastián Vázquez: " Los 120 mejores cuentos de las tradiciones espirituales de Oriente".
Limos " Así es la vida", " La dificultad de la percepción global", "Los devotos de los burros" " No siempre es lo mismo" ...

Despois da lectura puidemos comentar e compartir as ensinanzas que se extraían do texto:
" Xuzgamos demasiado ós demais" " A critica e o cotilleo sempre atolam expresión fagamos o que hagamos" " A ecuanimidad é algo moi difícil de alcanzar..."


CHARLA COGAMI

Incluimos outra charla dos compañeiros da asociación galega de COGAMI para os grupos de CM de administrativo e electrónica. Tivo lugar na nosa B.E. o pasado 26 de marzo e inclúese dentro dun programa de concienciazión das causas das lesións modulares dirixidas a escolares.

GRAZAS por compartir a súa experiencia con todos nós.

DIA DA MULLER TRABALLADORA

Celebramos o día 8 de marzo cuns carteis reivindicativos emulando a Rosi a remachadora, símbolo por excelencia da loita feminista. Non só participaron profesoras se non que os nosos compañeiros tamén se sumaron á reivindicación.
Incluimos unha selección dos novos fondos para a nosa sección de cómic e novela gráfica feminista.


¿Que pasaría se se cambiasen os roles de xénero?  A nosa performance suxería unha reflexión sobre este tema e outors como a explotación laboral das mulleres, o teito de crsital, os patróns de comportamento femininos e masculinos...

 Aquí temos ao noso grupo actoral de 2º de ESO que participou nesta creación colectiva. Grazas polo voto esforzo.