O luns 14 de outubro celébrase o DÍA DAS ESCRITORAS.
Este ano as bibliotecas municipais de Redondela propuxéronnos aos centros de secundaria colaborar lendo e grabando os textos propostos desde a Biblioteca Nacional para a conmemoración deste día. E nós, claro, aceptamos encantadas!
Para iso contamos coa colaboración de catro alumnas do centro, que nesta ocasión foron Noa Ferreira (3ª ESO) e Alba Fernández, Sandra Gómez e Promethea Iñarrea (1º BAC). Elas foron as encargadas da lectura dos catro textos asignados á nosa biblioteca. A semana que vén poderemos escoitalas en Radio Redondela, non volas perdades! Moitas grazas ás catro pola súa disponibilidade.
E grazas tamén ás bibliotecas municipais e a Radio Redondela por contar con nós. Agardamos seguir colaborando no futuro noutras iniciativas en prol da lectura, os libros e a cultura en xeral.
Se queredes máis información sobre esta celebración, pinchade neste enlace das bibliotecas municipais. Ademais, aquí accederedes á lista de todas as bibliotecas de España que colaboran coa Biblioteca Nacional nesta iniciativa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario