O alumnado de 4º ESO, co seu profe Paulo, está traballando na materia de Proxecto competencial sobre os xogos de mesa. Levan xa varias semanas xogando cos xogos da biblio e con outros que lles facilitou o profe, pero esta semana recibiron unha visita moi especial: a empresa galega Brazolinda tróuxolles unha boa selección dos seus xogos e, ademais, explicoulles o proceso de creación dun xogo de mesa. Agora xa están listos para emprender a segunda parte do seu traballo deste curso: crear eles mesmos un xogo. Estamos desexando ver o resultado, seguro que saen grandes ideas desas cabeciñas!
PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS
DÍA DAS ESCRITORAS
O luns 14 de outubro celébrase o DÍA DAS ESCRITORAS.
Este ano as bibliotecas municipais de Redondela propuxéronnos aos centros de secundaria colaborar lendo e grabando os textos propostos desde a Biblioteca Nacional para a conmemoración deste día. E nós, claro, aceptamos encantadas!
Para iso contamos coa colaboración de catro alumnas do centro, que nesta ocasión foron Noa Ferreira (3ª ESO) e Alba Fernández, Sandra Gómez e Promethea Iñarrea (1º BAC). Elas foron as encargadas da lectura dos catro textos asignados á nosa biblioteca. A semana que vén poderemos escoitalas en Radio Redondela, non volas perdades! Moitas grazas ás catro pola súa disponibilidade.
E grazas tamén ás bibliotecas municipais e a Radio Redondela por contar con nós. Agardamos seguir colaborando no futuro noutras iniciativas en prol da lectura, os libros e a cultura en xeral.
Se queredes máis información sobre esta celebración, pinchade neste enlace das bibliotecas municipais. Ademais, aquí accederedes á lista de todas as bibliotecas de España que colaboran coa Biblioteca Nacional nesta iniciativa.
EXPOSICIÓN DE COLECCIONABLES SOBRE MITOS
O alumnado de 1º ESO e súa profesora Ángela Chantrero, de Lingua castelá, prestáronnos esta marabilla para expoñer na biblio. Trátase de coleccionables sobre mitos elaborados por eles tras a lectura do libro Mitos griegos, de Maria Angelidou. Dan ganas de mercalos todos!
Ademais, fixemos un concurso para elixir os mellores, que recibiron uns premios. Parabéns!!
OBRADOIRO DE LIBROS ALTERADOS
Durante o mes de febreiro e coa inestimable colaboración de EUSEBIO RIVEIRO, profe do departamento de Debuxo e artista, levamos a cabo un OBRADOIRO DE LIBROS ALTERADOS. O obxectivo era darlles unha nova vida a algúns dos libros que expurgamos da nosa biblioteca o curso pasado.
Pasámolo moi ben e, como podedes ver, o resultado foi marabilloso. Moitas grazas a Eusebio por guiarnos nese proceso transformador e ás alumnas que se animaron a participar, estamos moi orgullosas do resultado. 💚
A SEMANIÑA ENTEIRA
VISITA DA AUTORA SONIA MIRÓN
O alumnado de 3º ESO recibiu hoxe unha visita moi especial: a da escritora e profesora SONIA MIRÓN, autora da novela que leron esta avaliación para a clase de Lingua castelá, Un sol dentro de mí.
Moitas grazas por acompañarnos nesta tarde, Sonia! Aprendemos un montón sobre o proceso de escritura dunha obra literaria e puidemos dar resposta ás dúbidas e curiosidades que se nos plantexaron mentres liamos o libro. Foi unha tarde moi interesante e produtiva.
E, por certo, a novela en xeral gustou moito entre o noso alumnado, que quedou con ganas dunha segunda parte e así llo dixeron a Sonia. Se queres lela, pasa pola biblio!
OBRADOIRO CON ZAIDA NOVOA
LA CHANDELEUR (PREMIOS)
Efectivamente, non foi sinxelo escoller as persoas gañadoras do concurso de crêpes, pero, finalmente, tras unha longa e difícil deliberación, aquí están os gañadores... PARABÉNS!!!
LA CHANDELEUR
Eva, a nosa profe de Francés, tivo a fantástica idea de celebrar a Candelaria (La Chandeleur) co seu alumnado... e a nós pareceunos xenial!
Así pois, preparamos e decoramos a biblioteca para acoller as crêpes elaboradas polas alumnas e alumnos de 1º e 2º da ESO e acollemos ao flamante xurado que as degustou. Cando o xurado acabou o seu labor, demos boa conta do que nos deixaron e podemos asegurar que estaban boísimas 😋, escoller as persoas gañadoras non vai ser nada fácil!!
Os premios, no próximo capítulo...