Nas últimas semanas da avaliación, desde a apertura da biblioteca a mediados de novembro, estivemos levando a cabo sesións de formación de usuarios co noso alumnado de secundaria, ao que lle ensinamos as novidades en canto á organización e xestión da biblioteca despois das reformas. Co alumnado de 1º fixemos unha sesión un pouco máis longa para, por medio dun xogo, ensinarlles como atopar os libros e outros materiais na biblioteca. Ao final, entregámoslles os seus carnés e un pequeno agasallo.
Ademais, aproveitamos tamén estas semanas para presentar a plataforma ELBE 2 e darlle ao alumnado de secundaria as súas credenciais. Á volta das vacacións continuaremos co alumnado de Bacharelato e ciclos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario