PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

FORMACIÓN DE USUARIOS E ELBE 2

Nas últimas semanas da avaliación, desde a apertura da biblioteca a mediados de novembro, estivemos levando a cabo sesións de formación de usuarios co noso alumnado de secundaria, ao que lle ensinamos as novidades en canto á organización e xestión da biblioteca despois das reformas.  Co alumnado de 1º fixemos unha sesión un pouco máis longa para, por medio dun xogo, ensinarlles como atopar os libros e outros materiais na biblioteca. Ao final, entregámoslles os seus carnés e un pequeno agasallo. 

Ademais, aproveitamos tamén estas semanas para presentar a plataforma ELBE 2 e darlle ao alumnado de secundaria as súas credenciais. Á volta das vacacións continuaremos co alumnado de Bacharelato e ciclos. 







"SCAR OF BELEM" (Alumnado de Oratoria)

 O alumnado de Oratoria de 3ºA, coa súa profe Sonia Casar, agasallounos na mañá do 21 de decembro coa representación na biblioteca dun belén inspirado na obra "Scar of Belem", do artista Banksy. 

Parabéns polo voso traballo!! 👏👏👏






BELÉN

 Este é o noso belén solidario co pobo palestino, co desexo de que cese  pronto tanto sufrimento. 






CARTA AOS REIS MAGOS

 Na biblioteca estamos escribindo a nosa carta para os Reis Magos, ¿axúdasnos?