COIDANDO A MEMORIA DA FOTOGRAFÍA
En colaboración co Clube de Letras o pasado martes 22 ofertamos este interesante obradoiro de cianotipia a todos os grupos de 1º e 2º ESO.
Anna Atkins é considerada a primeira fotógrafa da historia e a primeira botánica que plasmou imaxes de plantas e algas utilizando a cianotipia. Esta técnica foi anteriormente desenvolvida polo científico Sir John Herschel que utilizando unha impregnación química a base de citrato de amonio férrico e ferricianuro potásico poido reproducir o proceso fotográfico a través de obxectos reais .
Para saber máis sobre o fenómeno da cianotipia preme AQUÍ
María Xosé Martínez foi a encargada de ensinarnos o proceso que tivo lugar en dúas fases:
1º reproducimos as imaxes dun negativo en papel
2º fotografiamos a composición que cada un de nós fixo sobre o papel con ramas de tulla, plumas e outros obxectos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario