PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

PROTOCOLO COVID BIBLIOTECA

 Estas son as novas normas para o uso da biblioteca. 

O aforo máximo  será de 20 persoas. Non te esquezas de pedir cita previa.



INSTAGRAM

XA TEMOS CONTA EN INSTAGRAM ONDE PUBLICAMOS AS VOSAS RECOMENDACIÓNS LECTORAS.

https://www.instagram.com/biblioiespedrofloriani/



GRAZAS POR SEGUIRNOS😉😊

CITA PREVIA

FORMULARIO CITA PREVIA

As novas normas obrigaron a adaptar o espazo da biblio. Agora o aforo está limitado a 20 persoas.
Por iso, é necesario que cubrades o formulario de cita previa para vir nos recreos ou noutra hora que precisedes. PREMEDE AQUÍ PARA ACCEDER AO FORMULARIO.
MOITAS GRAZAS POLA VOSA COMPRENSIÓN😊👍



HORA DE LER 20-21

 HORA DE LER 20-21



NESTES ENLACES TENDES A NOSA SELECCIÓN DE LIBROS PARA AS BIBLIOTECAS MÓBILES QUE ESTARÁN A DISPOSICIÓN DO NOSO ALUMNADO A PARTIR DE OUTUBRO


NORMAS SOBRE O PRÉSTAMO DE LIBROS PARA 

                                    A HORA DE LER



                            IES PEDRO FLORIANI  -  CURSO 2020/21

O alumnado accederá desde o blog da biblioteca (bibliofloriani.blogspot.com), ao formulario de google para solicitar o libro que quere ler.

No formulario figuran dous enlaces a padlet con propostas de lecturas: un dirixido a 1º e 2º de ESO e outro para 3º, 4º e FPB.

Cada persoa deberá cubrir un formulario para formalizar o empréstito do seu libro para a Hora de ler. No formulario deberá incluir alomenos catro títulos por orde de preferencia, aínda que o préstamo será só dun libro.  

Pódense pedir libros de calquera dos dous padlet, independentemente do curso ao que se pertenza. Así, un alumno de 3º ou 4º pode pedir libros do padlet de 1º e 2º e viceversa. Sen embargo, a pertenza a un determinado curso pode dar prioridade á hora de tomar prestado un libro se máis dunha persoa o solicita. 

O alumnado recibirá na aula a caixa con todos os libros do seu grupo (un por persoa). Ao finalizar a sesión a caixa deberá baixarse á biblioteca, onde permanecerá ata a seguinte sesión.

En cada libro figurará unha nota (post-it)  co seu destinatario. Ademais, pegada na caixa irá unha lista con todo o alumnado do grupo e o libro que ten cada un. 

Se algunha persoa quere cambiar o libro de lectura, deberá comunicalo a través dun correo electrónico a horadelerfloriani@gmail.com no que inclúa o seu nome, curso e o libro que solicita con, polo menos, 24 horas de antelación con respecto á seguinte sesión da Hora de ler. É aconsellable que o alumno inclúa polo menos dous títulos por orde de preferencia, por se o que desexa ler non está dispoñible nese momento. 

De non poder comunicalo a través do correo electrónico, deberá facelo a través dunha nota que entregará coa caixa.

LECTURAS EN PDF PARA TODOS

BENVIDOS E BENVIDAS A UN, A LO MENOS, DESAFIANTE CURSO.

PROPOÑEMOS COMENZAR ESTE ANO CON LECTURAS ONLINE QUE PODEDES DESCARGAR EN PDF NO ORDENADOR. 

Hai para todos os gustos e sobre todos os temas. Preme AQUÍ para ter acceso ó sitio web.


Recomendámosche Demian de Herman Hesse. Un Bildungsroman ou novela de formación que narra a evolución espiritual do adolescente Emil Sinclair.

http://bibliotecadigital.ilce.edu.mx/Colecciones/ObrasClasicas/_docs/Demian_HermannHesse.pdf

Deixámosche enlaces de lecturas online ou descargas gratis de libros para que vaias disfrutando:

https://galicia.ebiblio.es/opac/#indice ( web de préstamo electrónico alega)
https://www.galiciale.gal ( plataforma de préstamo electrónico das bibliotecas públicas galegas)
https://www.elejandria.com
https://reddebibliotecas.org.co/sala-lectura/project-gutenberg
https://www.literanda.com
http://www.libroteca.net/Buscador-de-libros.asp?geo=hispana
http://www.bne.es/es/Catalogos/BibliotecaDigitalHispanica/Colecciones/
https://www.europeana.eu/es/collections/topic/6-book