PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

OBRADOIRO DE INICIACIÓN Á ROBÓTICA

     Relacionado coa celebración na Universidade de Vigo de Elas fan Ciencia 2020 e grazas á aportación económica da Xunta no Plan de Igualdade 2019 o mércores 5 de febreiro fixemos un obradoiro de iniciación á programación de Robots para as alumnas de 3ºESO.

     O principal obxetivo era o fomento dos estudos científico-tecnolóxicos entre as alumnas do centro.

     Traballaron en grupos de 2-3 alumnas, pasamos unhas horas moi entretidas e conseguimos controlar os robots coas teclas do ordenador e programar un sinxelo segueliñas utilizando o sensor de IR. As alumnas  perderon o medo ao mundo da programación e a robótica e a profe de Tecnoloxía quedou encantada.

      Estivemos tan entretidas que esquecemos facer mais fotos..............









                                                                                .....Grazas a todas polo interés e a atención.

CHARLA TELECO


O profesor da Escola da Enxeñería de Telecomunicacións de Vigo, Antonio Pena axudounos a ver a enxeñería como unha carreira social que busca solucionar os problemas da xente. Ademáis, a enxeñería da telecomunicacón vai a estar presente nas novas tecnoloxías de aquí ao 2025 (internet of things, advanced robotics, AI, cloud technology..)
 https://www.pluralsight.com/blog/career/tech-in-2025.
Aquí poderes obter moita mais información sobre os estudos elaborada polo mesmo profesor.
https://www.calameo.com/accounts/6244065



AMERICAN CIVIL RIGHTS


AMERICAN CIVIL RIGHTS MOVEMENT

O alumnado de 1º BAC Tecnolóxico estivo elaborando un mural sobre o movemento dos dereitos civis en América.

Aquí tendes fotos do making-off e do resultado final. O traballou serveunos de reflexión sobre o traballo en grupo e cales son os puntos nos que temos que mellorar  e nos que somos moi efectivos.






Charla EME


CHARLA ESCOLA DE MINAS E ENERXÍA

O pasado xoves 6 de febreiro a directora da Escola de Minas e Enxeñería de Vigo, Elena Alonso Prieto explicounos en qué consisten os estudos de minas e  enerxía . Ao mesmo tempo desmantelou moitos estereotipos que temos sobre os enxeñeiros desta especialidade (eles son os especialistas na extracción e fabricación de case todos os materiais que utilizamos no noso día a día así como os encargados da producción da enerxía de xeito sostible).
 Animou as rapazas para que sigan este tipo de estudos e informounos que a ratio de estudiantes mulleres é dun 31% seis puntos porcentuales por riba da media europea.





Na power point podedes obter máis información sobre os estudos é no anexo tendes información sobre as mulleres pioneiras no mundo da enxeñería.