No traballo de hoxe colaboramos a Biblioteca Escolar e o Departamento de Filosofía, xunto cos seus blogs Bibliofloriani e A vella na cova. Neste post tedes os materiais para a presentación da biblioteca, na que aprenderemos a
- buscar "fondos" (libros, películas...) no buscador OpacMeiga,
- atopalos nos andeis e
- pedilos emprestados.
CDU e distribución dos fondos nos andeis
A clasificación CDU está explicada nun post de 2014-15 ao que podedes acceder picando nesta imaxe:
Probade a atopar as seguintes seccións (se xa estabas o ano pasado neste centro busca tamén, porque algunhas cambiaron de sitio):
- Literatura xuvenil (etiqueta vermella) en galego (821.134.4) e castelán (821.134.2),
- Literatura xeral (mesmos números, etiqueta branca) en galego e castelán,
- Cine (791.43). Aquí están moitas das películas para a actividade de Cine-fórum;
- Literatura clásica (87), especialmente cultura clásica e novela (807:008),
- Historia (93),
- Cómic (82-C), Manga (82-C) e Cómic feminista (82-C:141.72)
Buscar e atopar fondos
Para buscar fondos da biblioteca utilizaremos a páxina de Bibliotecas Escolares de Galiza (Pica na imaxe para acceder):
Nela hai un buscador:
O máis recomendable é buscar por "Frase exacta" no "Título". Quere dicir unha secuencia exacta de palabras dentro do título, non necesariamente ao principio (así evítanse problemas como o dos artigos ao principio, que non se sabe se forman parte do título ou non):
Aparece unha ficha na que consta a sinatura do libro, que utilizaremos para buscalo nos andeis:
Despois só habería que facer o préstamo, dicíndolle á profesora ou profesor de garda o teu número de carné da biblioteca e o número de rexistro do fondo, que adoita estar nun lugar visible (nos libros, por exemplo, na primeira páxina), e anotar o préstamo no caderno que está ao lado do ordenador principal.
Probade agora, por grupos, a atopar estes fondos. Veredes que hai libros de filosofía en moitos lugares da biblioteca. Así aprenderedes a buscar os libros e películas do currículo de filosofía de 1º Bach.:
- R. Descartes: El tratado del hombre,
- I. Asimov: Eu, robot (na colección A Fundación),
- M. Crichton: Next,
- P.K. Dirk: Blade runner,
- M. Shelley: Frankenstein,
- F. Nietzsche: Así habló Zaratustra (Filosofía en cómic)
- M. Chalmers: Que es esa cosa llamada ciencia?,
- J.M. Auel: El clan del oso cavernario,
- Platón: República,
- El hombre bicentenario (Película),
- Gattaca (Película).
No hay comentarios:
Publicar un comentario