Lembranzas dunha vida dura. Comenzaron a traballar aos doce anos: na canteira, no monte recollendo lama e maíz, no campo. Amparo traballou posteriormente nunha fábrica conserveira, onde chegou a ser encargada; Nieves, na fábrica de porcelana de Álvarez, ao par que criaba os seus xemelgos (sen axuda por parte do seu marido); e Dolores criou a tres fillos tendo a parte dereita do corpo paralizada por unha embolia que sufriu aos 25 anos.
A súa lección de vida: vontade, constancia, disciplina e espírito de superación. Valores universais que os nosos rapaces e as nosas rapazas deben aprender a integrar no seu camiño vital.
GRAZAS DE TODO CORAZÓN POR COMPARTIR CON NÓS A VOSA EXPERIENCIA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario