O Día da Poesia é tamén o Día Internacional dos Bosques. Quixemos facer un homenaxe á natureza a través de poemas seleccionados polo noso profesorado.
Aquí tendes a nosa LOUBANZA Á TERRA.
PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS
MULLERES ESCRITORAS
Con motivo da celebración do Día da Muller Traballadora a profesora de lingua e literatura Raquel Barreira organizou un pequeno obradoiro para que o noso alumnado de 1º e 3º ESO ,e 2º FP Básico coñeza algunhas das escritoras máis relevantes da historia da literatura.
Os rapaces e rapazas tiñan que encher un cadro relacionando datos sobre cada escritora: títulos, inicios das súas novelas, épocas históricas e curiosidades biográficas .
A actividade resultoulles interesante e divertida e serviu para que coñecesen escritoras que non figuran na maioría dos seus libros de texto.
Aquí publicamos o tríptico completo.

HOMENAXE ÁS NOSAS MAIORES
Con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller Traballadora, tivemos o pracer de contar coa presencia na biblioteca do noso centro de Amparo, Nieves e Dolores, tres mulleres galegas e traballadoras que asisten ao centro de día de Cesantes.
Lembranzas dunha vida dura. Comenzaron a traballar aos doce anos: na canteira, no monte recollendo lama e maíz, no campo. Amparo traballou posteriormente nunha fábrica conserveira, onde chegou a ser encargada; Nieves, na fábrica de porcelana de Álvarez, ao par que criaba os seus xemelgos (sen axuda por parte do seu marido); e Dolores criou a tres fillos tendo a parte dereita do corpo paralizada por unha embolia que sufriu aos 25 anos.
A súa lección de vida: vontade, constancia, disciplina e espírito de superación. Valores universais que os nosos rapaces e as nosas rapazas deben aprender a integrar no seu camiño vital.
GRAZAS DE TODO CORAZÓN POR COMPARTIR CON NÓS A VOSA EXPERIENCIA.

A NOSA PEGADA : CONCIENCIA ECOLÓXICA
Todos e todas deixamos a nosa pegada na terra, ben polos nosos hábitos pouco comprometidos co medio ambiente ben porque non vivimos dun xeito sostible. O alumnado de 4º da ESO realizou unha enquisa online para concienciarse de cal é a nosa pegada. Os datos foron máis que sorprendentes 92% dos que participaron precisarían 3 terras ou máis se continuan coas súas costumes habituais.
Queres saber cal é a túa pegada? Preme na foto e averiguao. Se queres saber máis sobre cidades sostibles:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)