Segundo o último informe (ainda non publicado) AR6 (Assessment Report) do IPCC (Intergovernmental Panel on Climate Change) estamos casi nun punto de non retorno.
Este estudio de máis de 5000 investigadores adicados a medir os efectos do cambio climático"é desolador" así se expresou JOSE ANTONIO RODRÍGUEZ AÑON, profesor da Facultade De física da Universidade de Santiago de Compostela.
Na súa charla falounos dos efectos inmediatos de este fenómeno:
- desaparición da biodiversidade
- escasez de recursos naturais
- despunte de enfermidades respiratorias
- máis pobreza (menor producción de alimentos),violencia.
- plagas
Un exemplo en Galicia témolo na polilla guatemalteca que está a destruir parte da producción de pataca galega ou as plagas que están afectando os nosos viñedos.
O quecemento dos océanos está favorecendo a chegada de patóxenos nunca vistos no Atlántico.
Os cambios que tiveron lugar en 11.000 anos no clima global están a producirse en apenas 100 anos.
A glaciación que tivo lugar no Mesozoico foi causada por un quecemento de só 2ºC.
O actual quecemento non supón que si en Galicia temos unha temperatura media de 16º imos ter 17º temos que pensar en termos globais,
Estos efectos xa estamos a velos en Galicia cunha reducción da auga dos ríos, mareas vermellas, perda de producción marisqueira...
No hay comentarios:
Publicar un comentario