PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

O NOSO PLANETA: O CAMBIO CLIMÁTICO.


Segundo o último informe (ainda non publicado) AR6  (Assessment Report) do  IPCC  (Intergovernmental Panel on Climate Change)  estamos casi nun punto de non retorno.
Este  estudio de máis de 5000 investigadores adicados a medir os efectos do cambio climático desolador" así se expresou  JOSE ANTONIO RODRÍGUEZ AÑON, profesor da Facultade De física da Universidade de Santiago de Compostela.


Na súa charla falounos dos efectos inmediatos de este fenómeno:

- desaparición da biodiversidade
- escasez de recursos naturais
- despunte de enfermidades respiratorias
- máis pobreza (menor producción de alimentos),violencia.
- plagas

Un exemplo en Galicia  témolo na polilla guatemalteca que está a destruir parte da producción de pataca galega ou as plagas que están afectando os nosos viñedos.

O quecemento dos océanos está favorecendo a chegada de patóxenos nunca vistos no Atlántico.
Os cambios que tiveron lugar en 11.000 anos no clima global están a producirse en apenas 100 anos.
A glaciación que tivo lugar no Mesozoico foi causada por un quecemento de só 2ºC.
O actual quecemento  non supón que si en Galicia temos unha temperatura media de 16º imos ter 17º temos que pensar en termos globais,
Estos efectos xa estamos a velos en Galicia cunha reducción da auga dos ríos, mareas vermellas, perda de producción marisqueira...


DRAMATIZANDO TEXTOS

O alumnado de 1º  ESO A e B disfrutaron dunha sesión de dramatización de diálogos teatrais pertencentes ás obras Cinco personajes en busca de autor de Pirandello e El Cementerio de automóviles e Monkeys de Fernando Arrabal.






Primeiro, fixemos un quecemento vocal relaxando a máscara facial e preparando labios, lingua e cordas vocais para ter unha boa proxección da voz, logo por grupos fixemos as lecturas.

NEW YEAR'S RESOLUTIONS

O primeiro pobo en celebrar o ano novo foi o Babilonio hai máis de 4.000 anos. Ainda que o seu ano empezaba en marzo co equinocio de primavera.

Seguindo a tradición as nosas alumnas de Ciclo Medio formularon os seus bós propósitos para o ano novo. Esperemos que os cumplan.