PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

A BOCA DA RÍA




No marco do proxecto da biblioteca do Floriani, centrado no corpo humano, optamos por facer este proxecto en 1º de ESO no que se mestura anatomía e xeografía da man dunha das paisaxes máis características que nos rodea: a boca da ría de Vigo.

O proxecto consistiu na elaboración dun mapa colaborativo no que traballamos coa busca e selección de imaxes que cumprisen cos parámetros creative commons, de xeito que poden ser reutilizadas e publicadas na web respectando as limitacións dos dereitos de autor e buscando alternativas no marco dunha cultura de libre difusión.

Charlas filosóficas "O corpo humano" 2 - Agresividade, sexualidade, arte

2ª Sesión: A laranxa mecánica
A paz, unha paz celestial, a suntuosidade e a untuosidade feitas carne

Con estas palabras describe Alex, o protagonista de A laranxa mecánica, a música de Beethoven que unha soprano empeza a cantar cando está cos seus drugos no bar onde adoitan planear as súas sesións de ultraviolencia. Tomámolas como pe para formular a nosa pregunta: como están no noso corpo a agresividade, a sexualidade e a arte? Pódese quitar unha delas, como a agresividade, sen quitar tamén as outras dúas? Deste tema nos falan hoxe Jesús de la Torre, Gabriel Pérez e Adrián Ojeda.

Jesús presenta ao personaxe principal, un adolescente ao que a violencia lle produce pracer e que é encarcerado despois da varios crimes. Un ministro do goberno, que espera conseguir moitos votos con isto, ofrécelle realizar un experimento que lle quitaría a violencia. Alex accede pero todo vai virar mal e acabará tendo terribles consecuencias para el.
Adrián conta como Alex se ve sometido a un condicionamento respondente: inxéctanlle un medicamento, ao que chaman vitaminas, que lle fai devolver e, mentres causa o seu efecto, obrígano a ver imaxes de agresións e violacións. Ao mesmo tempo, soa a 9ª sinfonía de Beethoven. Finalmente, todos estes estímulos asócianse ao medicamento e provocan tamén o vómito.
Con Gabriel vemos as consecuencias: Alex non pode sequera defenderse dunha agresión porque sente náuseas inmediatamente. E, do mesmo xeito, non pode soportar a excitación sexual... nin a música de Beethoven!: todo está asociado no seu corpo ao medicamento que provoca o vómito. Ao final, Alex salta por unha fiestra, coa intención de suicidarse.
Interpretamos isto, seguindo a Freud, como un exemplo de que tentar separar o Eros e rexeitar o Thánatos leva á neurose: non podemos deixarnos levar pola violencia, pero debemos encauzar a agresividade xa que a necesitamos para podérmonos facer un lugar na vida.
Imaxes

Pica nas imaxes para amplialas ou descargalas.




Materiais para descargar

Podes baixar tamén o cartaz e a presentación desta charla:


              



Charlas filosóficas "O corpo humano" 1 - O corpo alterado

1ª Sesión: O neno do pixama a raias, A metamorfose
En realidade, non son persoas de verdade.

Comezan un ano máis as charlas filosóficas de 1º Bach, coma sempre sobre o tema do noso proxecto de biblioteca, O corpo humano. Nesta ocasión temos con nós a Alba Correa, Alba da Silva e Erica Pérez que nos falarán do corpo en O neno do pixama a raias, e a Xabier Ézara que o fará sobre A metamorfose. Nos dous casos vemos a persoas que se converten, ou as converten, en algo que non é unha persoa de verdade.


O neno do pixama a raias


Pável é un médico xudío que vive no campo de concentración que dirixe o pai de Bruno. Traballa na cociña, pelando patacas, e cura ao neno cando se fire ao caer da randeeira. Alba Correa cóntanos que os xudíos son, e foron sempre, bos médicos pero tanto o cristianismo na Idade Media coma o nazismo no s. XX trataron de ocultalo, e por iso obrigaron ao neno a que dixera que foi a súa nai quen o curou. Fainos pensar no corpo de Bruno, nos corpos das/os prisioneiras/os dos campos de concentración, nas persoas masacradas en Palestina hoxe en día polo Estado de Israel….


Erica comenta o episodio en que Bruno cruza o valado para ir onda Schmuel. Bruno ten que ocultar o seu corpo para que non o recoñezan, e para iso ten que poñer o uniforme que el, inxenuamente, pensa que é un pixama a raias… pero entón xa non é realmente unha persoa de verdade, o que trae as terribles consecuencias que coñecemos.

Finalmente, Alba Da Silva dános a opinión do grupo sobre a novela. É agradable de ler e suxire moitos temas para pensar, entre eles a necesidade de tratar a todos os seres humanos conforme á súa dignidade e moitas outras moitas ideas relacionadas co que xa se contou sobre o corpo das persoas.

A metamorfose


O que sucede no corpo de Gregorio Samsa nesta obra de F. Kafka é sorprendente e completamente irreal. Pero Xabier explícanos que se pode tomar coma unha metáfora de cambios que poida ter unha persoa, non só no seu corpo senón tamén na súa mente. Así, se unha persoa cae nunha depresión, sofre dexeneración pola enfermidade de Alzheimer, se se alcoholiza ou se volve ludópata, pode provocar na súa familia reacciones coma as da familia Samsa. Inicialmente, a irmá preocúpase por el e intenta coidalo, pero despois a situación vaise volvendo insoportable e mesmo ela acaba por ignoralo e desentenderse del.


Imaxes

Aquí podes ver imaxes desta charla. Picando nelas podes velas ampliadas.




Materiais para descargar

Tamén podes descargar os nosos materiais: o cartaz e as presentacións multimedia:




         



CELEBRANDO O DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Empezamos tricotando os PUSSY HATS emblema das mulleres americanas contra as políticas machistas e misóxinas.


Este foi o nos manifesto lido polo nose alumnado de 2º BAC e CM:

"As mulleres están fartas: 
A brecha salarial de xénero en España en 2016 era case dun 24%, a máis alta no últimos seis anos. Arrastraron sobre os seus ombreiros as consecuencias da crise: recortes en servizos sociais que as levou a volver encargarse dos coidados dos maiores e os fillos,
- o aumento dos contratos a tempo parcial, onde as mulleres son unha porcentaxe moito máis alta que os homes - de cada 26 mulleres que optan por un traballo deste tipo para conciliar, un home faio-, 
- ou a brecha de xénero nas pensións, que en España en 2016 era dun 34%. España non é un caso illado: non existe ningún país no mundo onde haxa unha igualdade plena.

Por iso, para este 8 de marzo, o Día da Muller, moitos países convocaron un paro internacional de mulleres. 2016 foi un ano duro para elas: a chegada dun presidente *misóxino á Casa Branca, o intento de prohibir o aborto en Polonia, a despenalización da violencia de xénero en Rusia, os feminicidios e as violacións en Latinoamerica... Todo iso foi caldo de cultivo para que naza #*NosotrasParamos, unha iniciativa coa que se pretende que as mulleres fagan unha folga o próximo 8 de marzo. Á fin e ao cabo, trátase de máis de 3,5 millóns de persoas, case a metade de toda a poboación mundial.


Os obxetivos para o  2030 según a ONU:
-  velar por que todas as nenas e todos os nenos rematen os ciclos do ensino primario e secundario, que ha de ser gratuíto, equitativo e de calidade e producir resultados escolares pertinentes e eficaces
- velar por que todas as nenas e todos os nenos teñan acceso a servizos de atención e desenvolvemento na primeira infancia e a un ensino preescolar de calidade, a fin de que estean preparados para o ensino primario
- poñer fin a todas as formas de discriminación contra todas as mulleres e as nenas en todo o mundo
- eliminar todas as formas de violencia contra todas as mulleres e as nenas nos ámbitos público e privado, incluídas trátaa e a explotación sexual e outros tipos de explotación
- eliminar todas as prácticas nocivas, como o matrimonio infantil, precoz e forzado e a *mutilación xenital feminina.
                                         Xuntos contra a violencia
                                          Todos participamos
                                         Cos nosos pussy-hats
                                         Charo, Alba, Alexia e Humberto leron o manifesto.



                                         Ao final do acto gardamos un minuto de silencio polas víctimas

                                              GRAZAS A TODOS/AS POLA VOSA PARTICIPACIÓN.