O psicólogo Daniel Novoa ofreceu un obradoiro ao alumnaod de 1º ESO sobre as emocións.
Descubrir que podemos xestionar as nosas emocións para mellorar as nosas relacións e a nosa vida resultou moi inspirador.
Aquí tendes un video do que se tratou nas dúas sesións adicadas a cada grupo.
http://vimeo.com/161917631
CONSELLOS PARA XESTIONAR AS EMOCIÓNS
- Como estou? Que sinto, que penso, que fago? Abecedario emocional (DETECCIÓN)
- Para que teño esta emoción? Función das emocións
- Permítome sentir esa emoción? Sí. Aceptar as emocións é imprescindible. Sin emocións non somos humanos. Contempla e acepta.
- Leva máis tempo do esperado? Si, hai que permitirse sentir as emocións e dependendo cal sexa, regularla ou esperar.
- Alónxame dos meus obxectivos? Si. todas as emocións axúdannos a vivir pero poden alonxarnos dos nosos obxectivos. Hai que ter un bo motivo para regularlas o non cumplirán a súa importante función. (ANTICIPACIÓN)
- Que podo facer, pensar ou ambas cousas para cambiar esa emoción? LISTA. Cuanto máis grande e variada sexa a lista máis sinxelo será atopar algo que encaxe nese momento. (ACCIÓN)
- Estou mellor? Despois dun tempo prudencial é importante valorar se axudounos o é mellor buscar outars estratexias.
Emocións máis habituais:
1. ANSIEDADE: ( medo moi desagradable) é unha descarga física e psicolóxica provoca distracción, convén evitar estimulantes ( café, té..) para contrarestala pódense tomar duchas quentes , meditar.
2. ESTRÉS: ( medo pouco intenso, alerta) entendelo como un aliado,un plus, poñerle límite ao tempo, Para combatilo hai que relaxarse e desconectar, facer exercicio e plantearse se é un estilo de vida saúdable.
3. DEPRESIÓN : ( Tristeza)é unha descarga psicolóxica. Para combatila debemos facer o que nos anime ainda que sexa o menos gratificante, tamén conven exercicio regular para activación e adquirir hábitos saúdables ( amigos, tomar sol, viajar, axudar..)
4. VIOLENCIA: ( Ira) detectala con indicadores. Conven poñer marxe de seguridade, alonxarse do desencadeante, relaxarse ou distraerse.
No hay comentarios:
Publicar un comentario