O alumnado de 3º ESO fíxonos unha versión teatral do videoxogo A night's at Feeddy's. Escribiron o guión e con algunha axudiña escénica mostramos o traballo aos grupos de 1º ESO e 2º FP.
A NIGHT AT FREDDY’S
Mike: Vaia, traballo de 6 horas... Pola noite... Na pizzería de Freddy... Non está moi lonxe... Bo salario... Bingo! Chamarei a esta.
(Iñaki colle o teléfono e marca o número que aparece no anuncio: Na chamada).
Mike: Desculpe, chamo polo traballo de vixiante, si, o que está no xornal.
Pizzeiro (voz de persoa fraca, aguda): S... se, é... é aquí, necesitamos un vixiante de seguridade nocturno... Véñase ás 12, ten a chave debaixo do felpudo da porta de atrás da pizzaría.
Mike: (Euforico): Xenial, grazas! Alí estarei.
TRANSICIÓN 1. (IÑAKI SAE DE CASA, VAI POLO PARQUE E CHEGA Á PIZZARÍA, VAISE Á PARTE DE ATRÁS.
Mike colle as chaves que están debaixo do felpudo abre a porta, fai que se garda a chave. Mira todo de xeito estraño en busca da sala de vixilancia).
Mike: Vaia, parece ser aquí! (Mira estrañado e diríxese ao escritorio Pasa un dedo pola mesa e exclama:) Carai, que suxo está isto.
(Sopra na mesa e todo o po vaise polo aire. Mete os bolis que leva na camisa no portabolis: cunca, etc... que hai na mesa. Abre o computador. Soa o móbil).
Roi (Voz grave, de xefe rouco): "Eh, ola, ola? Eh, ola e benvido ao teu novo traballo nocturno na renovada pizzaria Freddy Fazbear's Pizza. Chámote para falarche sobre o que che pode agardar aquí durante a túa primeira semana de traballo e axudarche a empezar este novo e emociante camiño na túa carreira. Eh, agora, quero que esquezas calqueira cousa que teñas escoitado sobre o antiga pizzaría, vale? Moita xente aínda ten unha impresión negativa sobre a empresa. Os propietarios deixaron que o vello restaurante se fose ao tacho. Pero asegúroche, que a nosa empresa está adicada por riba de todo á seguridade. Levamos gastados moitos cartos nos nosos animatronics: Recoñecemento facial, mobilidade avanzada , ata déixanlles andar por aí durante o día como o ves? (Aclara a gorxa) Pero o mais importante é que están todos ligados a un tipo de base de datos criminal, así que poden detectar a un inimigo a centos de kilómetros de distancia. Coido que deberiamos pagarlles a eles para vixiarche a tí. ja, ja, ja. É devandito isto, sen as súas... cousiñas. Eh... só es o segundo garda que traballa aquí. O primeiro mozo terminou a súa semana, pero queixouse sobre... as condicións. Eh, cambiámolo á garda diúrna, así que, ei, tiveches sorte, non? O garda anterior queixouse sobre certos personaxes que parece que se moven pola noite, e até tentaron chegar á súa oficina. Agora, polo que sabemos, iso é imposible. Eh, este restaurante debería ser o lugar mais seguro na terra. Así que aínda que os nosos enxeñeiros non teñen unha explicación para isto, a teoría mais probable é que... os robots nunca tiveron un "modo noite". Así que cando hai silencio, cren que están na habitación equivocada, e entón tentan atopar onde está a xente, e neste caso, iso é a túa oficina. A nosa solución temporal é esta: hai unha caixa de música no Recuncho dos Premios, e podes darlle corda a distancia. Así que, cada certo tempo acende a cámara do Recuncho dos Premios e dálle corda uns segundos. Non parece que afecte a todos os animatronics, pero afecta... a un deles.(Aclara a súa garganta) Eh, e para o resto deles, temos unha solución aínda mais fácil aínda que podería haber un pequeno fallo no sistema, é dicir os robots poden verte como un endoesqueleto sen o seu traxe, e queren meterche nun, así que non te preocupes hemos de darche unha cabeza de Freddy Fazbear baleira, problema solucionado! Podes poñela en calquera momento, e deixarcha posta tanto tempo como queiras. Nalgún momento calquera cousa que entrase, volverá saír. Eh, algo máis que vale a pena mencionar é o tipo de deseño moderno do edificio. Deberías notar que non hai portas que poidas pechar, heh. Pero ai!, tes unha lanterna! E aínda que a túa lanterna pódese quedar sen enerxía, o edificio non. Así que, non te preocupes polo lugar queixándose ás escuras. Bo, creo que iso é todo. Eh, deberías bordarlo. Eh, mira as luces, ponte a cabeza de Freddy se o necesitas e mantén a caixa de música acendida. Pan comido. Que teñas unha boa noite, e falareiche mañá.".
(Iñaki está tranquilo no computador. Iñaki escoita o primeiro ruído, procedente da esquerda e levántase para ver que é. Aparece Rebeca. Iñaki ponse a máscara e dálle coa lanterna. Rebeca corre alén e métese á zona non visible do teatro).
Mike (exclama atemorizado): Pero, que é iso? ….., Imaxinacións miñas, supoño. (Senta na cadeira outra vez. Mira o reloxo e ve que son as 4). As catro!!!. Só me quédan 2 horas. (Aparece Elvira e repite o proceso do animatronico anterior, só que polo lado contrario a Rebeca. Repetición do suceso Mike ponse a máscara e dálle coa lanterna. Rebeca corre alén e métese á zona non visible do teatro').
(Transición de volta a casa de Mike polo paseo que foi. Chega a casa, pon unha alarma para as 6 da tarde e senta na cadeira. Dórmese. Soa o espertador. Mike espértase e volve á pizzaría sen ducharse.
Repetición do acto ''TRANSICIÓN 1, IÑAKI SAE DE CASA, VAI POLO PARQUE E CHEGA Á PIZZARÍA, VAISE Á PARTE DE ATRÁS Iñaki abre a porta, fai que se garda a chave, senta. Aparece Aarón, pero Aarón é mais rapido que o e dálle unha poutada e ábrelle a camisa. Iñaki abróchase a camisa e dálle coa lanterna a Aarón e este vaise por onde volveu, pero asustando aos nenos da primeira fila. Iñaki fai que está tenso e fai que chora dicindo:)
Mike: Estarei tolo? (Segue alí sentado vixiando todo). A última noite (Iñaki está sentado na cadeira e de súpeto aparecen TODOS os animatronicos e tírano ao chan e fan que o golpean, etc... Hai unha chamada, o son espántaos e Iñaki colle o teléfono:)
Roi (Voz grave de xefe rouco): Ola, empregado... Non me lembro do teu nome, pero non importa moito agora mesmo, xa que estás despedido.
Mike (indignado): P... pero por que?
Roi: En Fazzbear Entertainment, comunicáronnos que manipulaches os animatronicos, que non cumpres ben o teu traballo e o peor de todo , QUE LEVAS UNHA SEMANA SEN DUCHARTE! Deixa a chave baixo o felpudo, lévate ese repugnante uniforme e non aparezas máis por aquí... E por certo LÁVATE!
FIN
No hay comentarios:
Publicar un comentario