A LUZ NA PINTURA

“A luz na pintura “ é o título da charla e a exposición que o equipo da nosa B.E. organizou para os cursos de 4º ESO e 1º de BAC.
Trátase dunha selección de cadros a través da historia do arte dende o Renacemento ata as Vanguardias onde se explica o tratamento da luz  e as sombras que os pintores reflectiron nos seus traballos.



Despois da exposición animamos a participar ao alumnado, que así o desexase, nun concurso no que tiñan que adiviñar o estilo pictórico que cada cadro representaba. Os/as gañadores/as recibiron un pequeño agasallo.
 

 
O grupo de arte de 1º BAC viu a exposición e tamén participou do concurso.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario