SOLIDARIDADE COS REFUXIADOS

A BIBLIOTECA COS REFUXIADOS

A crise dos refuxiados está sendo unha das traxedias humanitarias máis dramáticas deste século.
Millóns de desprazados fuxindo dunha situación inhumana e miles de familias destrozadas.


 
“ Unha guerra prolongada no tempo ten unha intensidade 10 veces máis destructora que o terremoto máis forte que se poda rexistrar na escala de Richter. A razón e que despois dun terremoto a reconstrucción é inmediata pero nunha guerra non se pode reconstruir nada ata que acabe..A guerra de Siria dura xa cinco anos…”
“ Levantade a man cantos de vos estariades dispostos a deixar a vosa casa mañá con só unha mochila ás costas?”



Así empezou a charla Angeles de Andrés,  unha persoa que leva dende o pasado verano salvando vidas no mar a través da rede. Cun grupo de voluntarios segue as localizacións dos botes e avisa as gardas costeiras no caso de que os botes teñan problema. A organización on-line que ela coordina está a realizar unha verdadeira cadena de axuda humanitaria real para os refuxiados.


 
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/extravoz/2015/11/29/galicia-viste-refugiados/0003_201511SX29P8991.htm

Se queredes saber máis sobre a orixe do conflicto premede no video.
 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario