PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

SOLIDARIDADE COS REFUXIADOS

A BIBLIOTECA COS REFUXIADOS

A crise dos refuxiados está sendo unha das traxedias humanitarias máis dramáticas deste século.
Millóns de desprazados fuxindo dunha situación inhumana e miles de familias destrozadas.


 
“ Unha guerra prolongada no tempo ten unha intensidade 10 veces máis destructora que o terremoto máis forte que se poda rexistrar na escala de Richter. A razón e que despois dun terremoto a reconstrucción é inmediata pero nunha guerra non se pode reconstruir nada ata que acabe..A guerra de Siria dura xa cinco anos…”
“ Levantade a man cantos de vos estariades dispostos a deixar a vosa casa mañá con só unha mochila ás costas?”



Así empezou a charla Angeles de Andrés,  unha persoa que leva dende o pasado verano salvando vidas no mar a través da rede. Cun grupo de voluntarios segue as localizacións dos botes e avisa as gardas costeiras no caso de que os botes teñan problema. A organización on-line que ela coordina está a realizar unha verdadeira cadena de axuda humanitaria real para os refuxiados.


 
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/extravoz/2015/11/29/galicia-viste-refugiados/0003_201511SX29P8991.htm

Se queredes saber máis sobre a orixe do conflicto premede no video.
 

 

DÍA DA PAZ

QUE FAGO EU POLA PAZ?
A biblioteca organizou conxuntamente co departamento de orientación un acto conmemorativo pola paz:
Reunimos aos grupos de 2º da ESO en dúas sesións na biblioteca  e vimos o seguintes videos:
 
que nos instaban a reflexionar sobre as accións, palabras ou pensamentos da vida cotiá que non correspondían cunha conducta pacífica.
O alumnado escribiu nunhas tarxetas de cores os pequenos cambios que dexexaban realizar  nos vindeiros días para mellorar a súa vida.
Esas tarxetas penduráronse na Árbore da Paz .
O alumnado de CM de administrativoi colaborou elaborando marcapáxinas  co lema da paz que logo repartiron a cambio de apertas entre a comunidade educativa.


ACTIVIDADES INTEGRADORAS DA BIBLIOTECA

Á LUZ DO ISLAM

Exposición realizada por  Dina 3º ESO A en dúas sesións para o alumnado de 2º ESO A e B.   A actividade  formulouse como unha visión persoal , como marroquí e musulmá, da súa relixión dende un punto de vista conciliador e pacifista.
Realizouse unha exposición de traxes masculinos e femininos para os días de festa ao tempo que se explicaban costumes tradicionais como o rito de paso (anel familiar) ou o ritual de levar o Corán despois do lavado de mans e envolto nunha tea. Mentres escoitabamos audicións musicais e realizabamos bailes típicos.


 OBXECTIVO DA ACTIVIDADE .Integración de minorías étnicas nun momento difícil para o dito colectivo.
Á LUZ DO MEL
O día 18 de xaneiro o alumno de 2º ESO A, Rubén Veloso, realizou unha exposición sobre o mel e as abellas, pois o rapaz ten un gran coñecemento do tema por tradición familiar.
A actividade comenzou cunha proxección dunha presentación e dous videos sobre unha abellariza e un apicultor traballando.
Mencionouse o perigo das avispas asiáticas para as abellarizas artesanais da nosa comunidade.
O mesmo tempo exhibíronse unha serie de aparellos de traballo e outros trebellos relacionados coa colleita do mel: traxe, luvas, cera, mel, xelea real…
 

Ó rematar  houbo unha degustación de mel, unha quenda de preguntas entre as cales se formularon as seguintes:
“ Para que se usa o afumador?”
“ Para que se usa a cera?”
“ Por que o mel ten diferentes cores?”
“ Para serven as tabliñas da vorroa?”
“ Canto poden voar as abellas?”
“ Que pasa cando morre unha  raíña?”


Os contidos da actividade incluímolos dentro da educación de hábitos saudables: a importancia do mel na dieta, diferenza entre mel tradicional e artesanal e mel destinado á venda mundial por grandes compañías, propiedades medicinais.
Os obxectivos da actividade foron: concienciar ó alumnado da importancia do mel galego, a degustación deste mel artesanal que moitos non probaran nunca, a integración do alumno na dinámica da aula a través do traballo do seu pai e valorar este.