CONSUMO CONSCIENTE



            A B.E. participou na Semana da Saúde coa organización dunha charla sobre Consumo Consciente a cargo da Cooperativa Árbore de Vigo e a exhibición de productos de certificación ecolóxica integramente xenerados en Galiza.

A charla comenzou coa explicación das diferentes formas de explotación agrícola: as sobreexplotacións de grandes latifundios e as explotacións agrícolas de pequenos cultivos baseadas no abastecemento e no comercio local. Explicounos que o modelo predominante e a explotación capitalista da terra e falounos de compañías como Monsanto grandes controladoras da producción agraria mundial.







A continuación analizamos as consecuencias de ámbolos dous métodos de cultivo: o excesivo uso de agrotóxicos, a perda da biodiversidade, as descompensacións sociais. Citou o exemplo de Paraguai,  o maior exportador mundial de soia transxénica, pais cunha capacidade agrícola para alimentar a 50 millóns de persoas pero onde desgraciadamente catro millóns pasan fame habitualmente.  Despois visualizamos dous videos nos que os propios campesiños expoñen o seu punto de vista.


 Reflexionamos sobre cal e o papel dos consumidores á hora de elexir os productos que compramos así como a nosa responsabilidade cara as consecuencias medioambientais da sobreexplotación: utilización de sementes transxénicas, uso de herbicidas e plaguicidas e os seus efectos secundarios na nosa saúde , técnicas de cultivo que erosionan a terra mudándoa en infértil, desertización..

 “Normalmente non se educa  aos consumidores do futuro: as nosas compras son mecánicas e inconscientes. Debemos educar as novas xeracións nun consumo consciente e responsable en todos os sectores tanto alimenticio como textil ou tecnolóxico que fomenten valores máis eticos e xustos para a socidade.”





 






A producción agrícola local baseada na autosuficiencia que tan grande arraigo ten en Galicia non é valorada polas administracións e coa desparición da tradición labrega desaparece parte da nosa cultura. O rural sempre terá futuro xa que garante a supervivencia dos campesiños, a conservación de cultivos autóctonos e supón unha fonte de riqueza.

Finalmente, falounos de cómo xurdiu o proxecto da cooperativa, da idea de poñer en contacto a grupos de consumidores con pequenos productores locais reducindo gastos de transporte, con prezos máis asequibles e reutilizando envases. Explicounos a diferencia entre unha Socidade Anónima e unha cooperativa:
·         ten unha xestión participativa
·         non se toman decisións sen consultar á asamblea
·         apóstase pola transparencia
·         1 persoa é un voto
·         non importa tanto o capital do que dispoña a cooperativa

En definitiva, de como un acto cotidiá pode ter implicacións sociais, ecolóxicas e mediambientais.

Por último, animou aos rapaces a achegarse a ela para coñecer o seu funcionamento.
A cooperativa conta cun servicio de troco así como de unha biblioteca autoxestionada polos socios e socias.

Outros enlaces onde podes atopar información sobre proxectos de sostenibilidade:




 

No hay comentarios:

Publicar un comentario