Charlas filosóficas - 3

3ª sesión: Descartes, Hume e Kant
Non vemos o mundo como é, vemos o mundo como somos

Descartes e Hume, principais representantes das escolas racionalista e empirista na Idade Moderna, mantiveron posicións extremas incapaces de explicar a nova ciencia ata que Kant, o filósofo da Ilustración, fixo unha síntese dambas.

As súas filosofías chégannos presentadas por Anxo Lois, Cynthia e Santi. Mestra de cerimonias, coma sempre, Nandi.

Anxo Lois introdúcenos ao pensamento cartesián, dualista e racionalista. A súa escola, á que pertencen Spinoza e Leibniz, fundamenta o éxito da ciencia de Galileo no método e a matematización.


Cynthia, pola súa parte, introdúcenos ao de Hume, representante da escola empirista, á que tamén pertenceron Locke e Berkeley. Os éxitos da ciencia de Galileo e agora tamén de Newton débense á observación, á experimentación e ao uso de instrumentos como o telescopio e outros.
A síntese dambas correntes fíxoa Kant, o autor que nos presenta Santi. Este autor decatouse de que hai unha diferencia entre o mundo tal e como é e o mundo tal e como o vemos; por exemplo: cando un obxecto cae por un plano inclinado nós vemos vectores e frechiñas que explican o seu movemento. Pero este autor non se ocupou só da ciencia natural: tamén foi un renovador da moral e do pensamento político na Ilustración.





Podes descargar as presentacións picando nestas imaxes:


No hay comentarios:

Publicar un comentario