Grupos participantes 1º bacharelato Ciencias e colaboración 4º ESO Ciencias
Sesións : 7 totais . 6 sesións en 1º Bach, 3 para realización do algario e clasificación das algas e outras 3 para a montaxe da exposición e una sesión en 4º ESO para montar parte da exposición.
Elaborouse información sobre os diferentes tipos de algas. Para saber preme aquí.
Bibliografia utilizada:
- Guía de macroalgas de Galicia. Ed Baía
- Guía de campo de la Flora y Fauna de las costas de España y de Europa. Ed Omega
- Artes de pesca da Ría de Arousa. Xunta de Galicia
PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS
XOGOS POPULARES
A biblioteca colaborou co proxecto interdisciplinar: os xogos populares e tradicionais e facilitou bibliografía en colaboración co departamento de Educación Física. O resultado foi unha serie de fichas onde o alumnado compilou os xogos populares máis importantes: o pañuelito, as chapas, a comba, os bolos, o castelo de carozos e a carreira de carozos.
CHARLAS FILOSÓFICAS NA BIBLIO
O alumnado de 1º Bacharelato participou na biblioteca nunha serie de charlas filosóficas sobre os principais autores da historia da filosofía. Para ver máis a sesión dobre Platón e Aristóteles preme aquí. Para a sesión sobre Descartes, Hume e Kant preme aquí e para a sesión sobre Darwin, Freud, Marx, Sartre e Berkeley preme aquí.
MOBY DICK
Moby Dick é unha novela do escritor norteamericano Herman Melville (1819 - 1891) con gran contido filosófico. Os grupos de 1º de Bacharelato fixemos a actividade que agora vos presentamos nas materias de Lingua inglesa e literatura e Filosofía.
Índice 1. A novela e os titoriais 2. Os personaxes 3. Os temas 4. A exposición 5. Descarga os materiais |
Charlas filosóficas - 4
4ª sesión: Darwin, Freud, Marx, Sartre e Berkeley
Existe o mundo que nos rodea? Ou todo sucede na conciencia?
Rematamos con dous científicos, Darwin e Freud, e dous filósofos, Marx e Sartre, da Idade Contemporánea, e unha reflexión sobre o autor central do noso libro: Berkeley.
Nandi fai as presentacións: hoxe as nosas poñentes son Estela, Ana, Yasmina, Marta e Laura.
Podes descargar as presentacións picando nestas imaxes:
Charlas filosóficas - 3
3ª sesión: Descartes, Hume e Kant
Non vemos o mundo como é, vemos o mundo como somos
Descartes e Hume, principais representantes das escolas racionalista e empirista na Idade Moderna, mantiveron posicións extremas incapaces de explicar a nova ciencia ata que Kant, o filósofo da Ilustración, fixo unha síntese dambas.
As súas filosofías chégannos presentadas por Anxo Lois, Cynthia e Santi. Mestra de cerimonias, coma sempre, Nandi.
Podes descargar as presentacións picando nestas imaxes:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)