O pasado xoves, 23 de setembro reunímonos no Multiusos da Xunqueira representantes das bibliotecas públicas e escolares da vila.
Falamos de moitas cousas: de obradoiros de banda deseñada, de Facebooks e Planetakis, de actividades sobre a Illa de San Simón, o buzo e Xulio Verne, das obras dos curriculos nos centros escolares, de centros de interese para préstamo entre bibliotecas, de boletíns, marcalibros e logos...
Podedes ver máis información no blog da Biblioteca Pública, onde tamén atoparedes a referencia do 1º Encontro na Categoría "Bibliotecas Escolares"
Lembrade tamén que para o 22 de outubro, ás 6 da tarde, organizan un taller de Manga con entrada gratuita pero PRAZAS LIMITADAS dirixido a rapazas/es entre 11 e 15 anos. Corre a informarte e inscribirte no Multiusos da Xunqueira!
No hay comentarios:
Publicar un comentario