O alumnado de 4º ESO visitou, co seu profe de Xeografía e Historia, Paulo, o arquivo do concello de Redondela. Alí tiveron a oportunidade de coñecer de preto o funcionamento deste servizo fundamental para a conservación da memoria histórica local e ver de preto documentos orixinais, mapas, fotografías... Foi unha experiencia do máis enriquecedora!
PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS
SEMANA DO LIBRO
Na semana do Día do Libro levamos a cabo varias actividades na nosa biblio::
- A primeira foi un xogo/reto lector dirixido a todo o alumnado do centro. Cada día da semana plantexábase un pequeno reto literario que había que resolver buscando a información na biblioteca. Entre as persoas que completaron o reto sorteouse un pequeno agasallo. A gañadora foi Elena, de 1º de Bacharelato. Parabéns!!
LECTURA NA RÚA
Como todos os anos, este 23 de abril tamén participamos na LECTURA NA RÚA que o CEP Santa Mariña organiza e á que convida a todos os colexios e institutos do concello.
A nosa vicedirectora, Pilar, acudiu á cita acompañada dun grupo formado por alumnado que participa este curso no Club de Lectura. Foi unha bonita xornada de convivencia e amor compartido pola lectura. Moitas grazas ao CEIP Santa Mariña por convidarnos e moito ánimo para seguir organizándoa no futuro.
EXPOSICIÓN DE CANASTROS DE 3ºPDC
O alumnado de 3º PDC estivo traballando, baixo a dirección da súa profe Andrea, sobre os canastros en Galicia. Despois de documentarse sobre este tema, elaboraron os seus propios canastros e prepararon exposicións orais para dar a coñecer o resultado do seu traballo a outros grupos.
Os canastros que fixeron están expostos na biblioteca e son chulísimos, como podedes ver:
LIÑA DE TEMPO SOBRE A HISTORIA DAS MULLERES
Para conmemorar o 8M na nosa biblioteca, este ano deseñamos un xogo sobre a historia das mulleres, centrado en España e nos séculos XX-XXI.
O alumnado tiña que colocar nunha liña de tempo unha serie de acontecementos como estes:
- Primeira muller na Garda Civil.
- Primeira xuíza en España.
- Primeira muller en ser elixida parlamentaria.
SEMANA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA: CONCURSO E "ESCAPE ROOM"
Para celebrar a Semana da muller e a nena da ciencia na biblio organizamos, en colaboración co Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, dúas actividades: unha aberta a todo o alumnado, con concurso incluído, e outra para levar a cabo nunha sesión de clase na que participou o alumnado da materia de Bioloxía de secundaria.
A primeira actividade era un concurso sobre mulleres científicas actuais, no que había que dar resposta a dous pequenos retos. Entre todas as persoas que acertaron sorteouse un pequeno agasallo. O gañador foi Samuel, de 4ºPDC. Parabéns!
A SEMANIÑA ENTEIRA
O equipo de Dinamización Lingüística, coordinado pola profe Rosa Ligero, organizou un ano máis a Semaniña Enteira: unha semana de actividades e xogos a prol do uso do galego, no que a biblioteca participou gustosamente. Aquí, unha pequena mostra de todo o que deu de si esta semana: proxeccións de curtametraxes en galego, baile tradicional, xogos e actividades nos recreos... foi xenial!
XOGOS DE MESA CON BRAZOLINDA
O alumnado de 4º ESO, co seu profe Paulo, está traballando na materia de Proxecto competencial sobre os xogos de mesa. Levan xa varias semanas xogando cos xogos da biblio e con outros que lles facilitou o profe, pero esta semana recibiron unha visita moi especial: a empresa galega Brazolinda tróuxolles unha boa selección dos seus xogos e, ademais, explicoulles o proceso de creación dun xogo de mesa. Agora xa están listos para emprender a segunda parte do seu traballo deste curso: crear eles mesmos un xogo. Estamos desexando ver o resultado, seguro que saen grandes ideas desas cabeciñas!
DÍA DAS ESCRITORAS
O luns 14 de outubro celébrase o DÍA DAS ESCRITORAS.
Este ano as bibliotecas municipais de Redondela propuxéronnos aos centros de secundaria colaborar lendo e grabando os textos propostos desde a Biblioteca Nacional para a conmemoración deste día. E nós, claro, aceptamos encantadas!
Para iso contamos coa colaboración de catro alumnas do centro, que nesta ocasión foron Noa Ferreira (3ª ESO) e Alba Fernández, Sandra Gómez e Promethea Iñarrea (1º BAC). Elas foron as encargadas da lectura dos catro textos asignados á nosa biblioteca. A semana que vén poderemos escoitalas en Radio Redondela, non volas perdades! Moitas grazas ás catro pola súa disponibilidade.
E grazas tamén ás bibliotecas municipais e a Radio Redondela por contar con nós. Agardamos seguir colaborando no futuro noutras iniciativas en prol da lectura, os libros e a cultura en xeral.
Se queredes máis información sobre esta celebración, pinchade neste enlace das bibliotecas municipais. Ademais, aquí accederedes á lista de todas as bibliotecas de España que colaboran coa Biblioteca Nacional nesta iniciativa.
EXPOSICIÓN DE COLECCIONABLES SOBRE MITOS
O alumnado de 1º ESO e súa profesora Ángela Chantrero, de Lingua castelá, prestáronnos esta marabilla para expoñer na biblio. Trátase de coleccionables sobre mitos elaborados por eles tras a lectura do libro Mitos griegos, de Maria Angelidou. Dan ganas de mercalos todos!
Ademais, fixemos un concurso para elixir os mellores, que recibiron uns premios. Parabéns!!