PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

SEMANA DO LIBRO

Na semana do Día do Libro levamos a cabo varias actividades na nosa biblio::

- A primeira foi un xogo/reto lector dirixido a todo o alumnado do centro. Cada día da semana plantexábase un pequeno reto literario que había que resolver buscando a información na biblioteca. Entre as persoas que completaron o reto sorteouse un pequeno agasallo. A gañadora foi Elena, de 1º de Bacharelato. Parabéns!!


- A segunda actividade foi un xogo elaborado polo alumnado da materia de Oratoria de 3ºESO coa súa profe Sonia. Nela, as alumnas e os alumnos convertéronse en escritores e escritoras famosas para dar a coñecer o seu traballo ao resto do alumnado do centro que tivo a oportunidade de participar na actividade. Foi todo un éxito! 







- Ademais, o alumnado de 1º de ESO, coa súa profe Carmen preparou unha exposición recomendándonos libros que lles gustaron. Aquí, unha pequena mostra; o resto, no corredor e nas escaleiras:










LECTURA NA RÚA

Como todos os anos, este 23 de abril tamén participamos na LECTURA NA RÚA que o CEP Santa Mariña organiza e á que convida a todos os colexios e institutos do concello. 

A nosa vicedirectora, Pilar, acudiu á cita acompañada dun grupo formado por alumnado que participa este curso no Club de Lectura. Foi unha bonita xornada de convivencia e amor compartido pola lectura. Moitas grazas ao CEIP Santa Mariña por convidarnos e moito ánimo para seguir organizándoa no futuro. 








EXPOSICIÓN DE CANASTROS DE 3ºPDC

 O alumnado de 3º PDC estivo traballando, baixo a dirección da súa profe Andrea, sobre os canastros en Galicia. Despois de documentarse sobre este tema, elaboraron os seus propios canastros e prepararon exposicións orais para dar a coñecer o resultado do seu traballo a outros grupos. 

Os canastros que fixeron están expostos na biblioteca e son chulísimos, como podedes ver: