PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

LIÑA DE TEMPO SOBRE A HISTORIA DAS MULLERES

 Para conmemorar o 8M na nosa biblioteca, este ano deseñamos un xogo sobre a historia das mulleres, centrado en España e nos séculos XX-XXI. 

O alumnado tiña que colocar nunha liña de tempo unha serie de acontecementos como estes:

  • Primeira muller na Garda Civil. 
  • Primeira xuíza en España. 
  • Primeira muller en ser elixida parlamentaria.
Foi moi interesante e revelador. A pesar de saber que as mulleres son as grandes esquecidas do relato histórico, hai cousas que sempre nos sorprenden, e non para ben. O noso alumnado puido comprobalo con este interesante xogo.