PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

A SEMANIÑA ENTEIRA

Esta semana a biblio tamén se apuntou á celebración da Semaniña Enteira que organiza o Equipo de Dinamización Lingüística do centro. Así, para homenaxear a Rosalía fixemos "tatoos" con versos de poemas seus e broches con flores de papel para decorar a nosa roupa.

E, por suposto, participamos no resto de actividades organizadas polo Equipo, das que vos deixamos aquí unha pequeniña mostra...










VISITA DA AUTORA SONIA MIRÓN

 O alumnado de 3º ESO recibiu hoxe unha visita moi especial: a da escritora e profesora SONIA MIRÓN, autora da novela que leron esta avaliación para a clase de Lingua castelá,  Un sol dentro de mí. 

Moitas grazas por acompañarnos nesta tarde, Sonia! Aprendemos un montón sobre o proceso de escritura dunha obra literaria e puidemos dar resposta ás dúbidas e curiosidades que se nos plantexaron mentres liamos o libro. Foi unha tarde moi interesante e produtiva. 

E, por certo, a novela en xeral gustou moito entre o noso alumnado, que quedou con ganas dunha segunda parte e así llo dixeron a Sonia. Se queres lela, pasa pola biblio!

UN SOL DENTRO DE MI | SONIA MIRON | Grupo Editorial Círculo Rojo SL | Casa  del Libro






OBRADOIRO CON ZAIDA NOVOA

O alumnado de 1º ESO desfrutou na biblio dun obradoiro de ENTINTADO DE PERSONAXE da man da ilustradora e profesora ZAIDA NOVOA. Pasámolo xenial e aprendemos un montón de cousas interesantísismas sobre como se crean os personaxes das películas de animación. 

Moitas grazas a Zaida por achegarse ao noso centro e á profe Inés Barros, de Debuxo, por facer as xestións para esa visita. 









LA CHANDELEUR (PREMIOS)

 Efectivamente, non foi sinxelo escoller as persoas gañadoras do concurso de crêpes, pero, finalmente, tras unha longa e difícil deliberación, aquí están os gañadores... PARABÉNS!!!






LA CHANDELEUR

 Eva, a nosa profe de Francés, tivo a fantástica idea de celebrar a Candelaria (La Chandeleur) co seu alumnado... e a nós pareceunos xenial! 

Así pois, preparamos e decoramos a biblioteca para acoller as crêpes elaboradas polas alumnas e alumnos de 1º e 2º da ESO e acollemos ao flamante xurado que as degustou. Cando o xurado acabou o seu labor,   demos boa conta do que nos deixaron e podemos asegurar que estaban boísimas 😋, escoller as persoas gañadoras non vai ser nada fácil!!  

Os premios, no próximo capítulo...