Tal e como vén sendo habitual no no Floriani, este ano tamén celebramos un concurso de sobremesas de Outono e Samaín, organizado polo Departamento de Dinamización Lingüística coa colaboración da biblioteca. Aínda que de momento non está aberta ao público porque seguimos de reformas, fixemos unha excepción e reunímonos alí para celebrar o concurso.
Houbo premios en varias categorías:
- "Padal de ouro" para a sobremesa máis saborosa.
- "Entra polos ollos" para a mellor presentada.
- "Dá medo" para a máis terrorífica.
- "Man experta" á máis orixinal.
O nivel foi moi alto e o noso xurado tívoo moi difícil para elixir as persoas gañadoras.
Mentres eles deliberaban, os demais demos boa conta das sobremesas...
ESTABAN DE MORTE!!