PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

AÍ VÉN O MAIO...

 Estes días estivemos axudando a preparar o maio do Floriani que organiza o Departamento de Dinamización Lingüística. Mirade que chulo nos está quedando...





A ORIXE DO CINE EN GALICIA

 Hoxe o alumnado de 2º ESO asistiu a unha interesantísima actividade sobre a figura de José Gil, pioneiro do cinema en Galicia, e os primeiros tempos desa arte na nosa terra. Visitamos a réplica do camión no que José Gil trouxo o cinema a Redondela hai máis de cen anos e ata vimos unha divertidísima película de cine mudo con Javi e Lucía, de 2º de ESO, como explicadores de excepción. 

Por certo, o público de Redondela terá a oportunidade de desfrutar do camión, as proxeccións e a música este domingo, non o perdades!






LECTURA NA RÚA

 Hoxe participamos, xunto ao resto dos coles e institutos do concello de Redondela, na LECTURA NA RÚA organizada polo CEP Santa Mariña, a ANPA Ernestina Otero, o Concello e a Biblioteca Municipal con motivo do Día do Libro. 

Durante toda a mañá lemos, intercambiamos marcapáxinas, cantamos, bailamos, coñecemos novos amigos, reencontrámonos con vellos coñecidos... foi unha mañá moi divertida e enriquecedora. 

Noraboa ás organizadoras polo gran traballo realizado e moitas grazas por convidarnos á festa da lectura. 










DÍA DO LIBRO 2023

 Como a ocasión o merecía, para celebrar o DÍA DO LIBRO montamos unha boa festa e recibimos a visita de moitos personaxes literarios: Hamlet, Alicia, Mary Popins, Dulcinea, Mowgli, Baloo, Ana Ozores... e moitos máis!! Fixemos un xogo-concurso relacionando os personaxes cos seus libros, sacamos fotos no noso "photocall"... e algúns ata cantaron e bailaron!











"ESCAPE ROOM" DE MULLERES CIENTÍFICAS

 Un venres de finais de marzo, grazas á colaboración do concello, a empresa "Héroes para a ciencia" preparou un divertido e interesante "escape room" sobre mulleres científicas para o alumnado de 1º de ESO. 

¡Pasámolo xenial e aprendemos moitas cousas!