PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

RECOMENDACIÓNS LECTORAS VERÁN


O equipo de bibliofloriani quere desexarvos felices vacacións e boas lecturas. Para elo aquí tendes as nosas recomendacións para todos os públicos para este verán. Disfrutade lendo!!👍

 

OBRADOIRO DE DANZA

                    A VOZ DO MOVEMENTO

 A expresión do corpo, do movemento, dos  pequenos xestos, de dinámicas grupais foi o que Marcia Vazquez traballou cos grupos de 3º ESO.

Descubrimos outra forma de expresarnos para a que non é necesaria a voz se non máis ben a escoita activa doutro/a.








EXPOFLORIANI: Estou ben no mundo.


          EXPOFLORIANI: " Mudando ó mundo"

 O pasado mércores 15 de xuño tivo lugar no patio do noso IES a presentación de proxectos ABP que o noso alumnado de 3º,4º ESO e 1º Bacharelato viñeron desenvolvendo durante todo o curso. 

Todos os traballos tiñan como temática central o lema do noso PIC: " Estou ben no mundo" e baseáronse en saúde, ecoloxía, orientación, discapacidade, lecer e arte.

Os gañadores resultaron ser o grupo de 1º Bac B con Redondela en Braille. Un proxecto que auna a atención á discapacidade co reciclaxe e que terá grande repercusión na nosa vila.

En breve publicaremos unha web con todos os proxectos para que todo aquel que non puido asistir se deleite cos excelentes traballos dos nosos rapaces e rapazas.




 




 










OBRADOIRO PRÁCTICO DE FÍSICA

A nosa biblioteca ofreceu ó alumnado de 1º de Bac un obradoiro práctico de Física e Química coa colaboración da EMM ( Escola de Enerxía e Minas ) da Universidade de Vigo.

A refracción da luz, as combinacións sumatorias de cor, fenómenos físicos inminentemente prácticos.



OBRADOIRO DE IOGA

 ESTOU BEN NO MUNDO

O Ioga é unha ferramenta esencial que nos axuda na nosa vida diaria non só a lograr  benestar físico e psicolóxico se non tamén a xestionar as emocións. Neste caso o profesor diplomado de Ioga Iyengar: Sergio Ruiz, levou a cabo un onradoiro de ioga para o alumnado de CS e 2º Bac así como dúas clases prácticas para 1º e 2º ESO. 

    










Bibliografía Básica: Aquí podedes atopar libros sobre a aprendizaxe de Ioga.
https://aeyi.org/ensenanza/bibliografia/





LIMPEZA RÍO PREXEGUEIRO

ESTOU BEN NO MUNDO 

O pasado mes de maio todo o alumnado de 4º ESO A/B participamos na limpeza dun entorno natural cercano ó noso IES: Río Prexegueiro. Esta iniciativa foi posible gracias a Alvaro Diego, activista medioambiental e de recuperación do patrimonio e foi apoiada pola Concellaría de Medio Ambiente do Concello De Redondela que nos prestou axuda coa recollida do lixo.













 É unha ribera chea de vexetación e fauna que podería converterse nun lugar de lecer necesario para a vila de Redondela.
O seu problema: foi durante moitos anos un vertedoiro de lixo. Este feito poidemos comprobalo in situ.Os residuos vertidos polos veciños levan anos sepultados e agochados pola vexetación. Os plásticos da riberira do río están desfeitos e son moi difíciles de apañar convertidos moitos deles en microplásticos.

O resultado tras tres horas de traballo: dous contenedores cheos de plásticos, dúas palas do concello cheas de residuos pero a satisfacción de ter feito algo pola noas vila e o medioambiente. Agora todos e todas somos moi conscientes da problemática que xenera a contaminación. 


Bibliografía: Adeus, plástico! Chaves para unha vida sen residuos, Elisa Nicoli e Chiara Spadaro ; Ed. Catro Ventos, 2021.




OBRADOIRO DE ECOLOXÍA-

ESTOU BEN NO MUNDO🙋😀

Dentro do  tema do noso PIC: Estou ben no mundo. O alumnado de 4º ESO viu traballando aspectos que teñen que ver coa reciclaxe e o tratamento dos residuos,o perigo que supiñen os microplásticos :

 así como a localización de puntos limpios na vila de Redondela: