PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

8 DE MARZO

 ACCIÓNS 8 DE MARZO:

1. Exposición Mulleres con historia

   O noso equipo de Igualdade  quixo rendir homenaxe ás mulleres da vila así todo o alumnado do centro tivo a oportunidade de entrevistar e falar coas súas nais, avoas sobre as súasvidas, soños e inquedanzas. A participación foi extraordinaria e o resultado foron estos dous murais con toda a historia das nosas mulleres.




2. Exposición mulleres  científicas, mulleres deportistas


e mulleres no teatro.


3. Acción poética e lecturas na biblio:

Mulleres de Eduardo Galeano
    Poesía Gloria Fuertes, 
  Orillas do Sar, Rosalía de Castro.
    




3. Dramatizacións a cargo das alumnas de 1º ESO do IES Ribeira do Louro




Aquí tendes un breve extracto das vidas destas 
mulleres, fiandeiras da nosa historia. 


REDUCINDO A NOSA PEGADA

 PLANTACIÓN DE ÁRBORES EN VENTOSELA 

Os grupos de 1º Bac de bioloxía e o alumnado de Ciclo superior de Administración e Finanzas fixeron a plantación de 17 árbores autóctonas ( carballos, acibos, castiñeiros..) na zona que a Comunidade de Montes de Ventosela desbrozou para poder levar a cabo a actividade.
Foi a nosa pequena aportación para rehabilitar o monte local. 









CHARLA STEM

  As enxeñeiras da EME ( Escola de Minas e Enerxía) da universidade de Vigo viñeron darnos unha charla sobre as mulleres STEM e as razóns polas que ainda existen moitos prexuizos polos que moitas rapazas non elixen estudos científicos. 

Elas son un claro exemplo do lonxe que poden chegar as mulleres :  Ana está a facer a súa tese en matemáticas e Raquel é profesora na Escola de Minas.





 Co alumnado de 4º ESO calculahttps://www.ceroco2.org/mos a nosa pegada de carbono a través de diferentes páxinas web     https://www.huellaco2.org/  e coas explicacións e cálculos da propia escola.