PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

IN MEMORIAM : GARCIA LORCA

 TEATRO EN MAIÚSCULAS

O IES Pedro Floriani segue apostando pola cultura como parte integral e esencial da educación do alumnado. Este ano e o terceiro ano que o noso centro organiza unha función de teatro para os tres IES de Redondela: o Mendiño, o Illa e o Pedro Floriani.

Este ano tivemos a fortuna de contar coa presenza de Etelvino Vazquez de Teatro do Norte, unha compañía asturiana que nos representou " IN MEMORIAN: Federico Garcia Lorca"

Todo o alumnado de 4º ESo e 1º Bac poideron disfrutar do teatro en maiúsculas onde Etelvino representa máis de doce persoaxes transitando entre eles con maestría, modulando vocesm, ritmos, dinámicas e movemento ó mesmo tempo que elementos escenográficos sinxelos nos transporta ó apaixonado mundo do noso gran poeta e dramaturgo Garcia Lorca. Moitas grazas.










ARTE DRAMÁTICO E EMOCIÓNS

EXPRESAR AS EMOCIÓNS NO TEATRO 

O noso alumnado de 2º ESO que cursa a materia optativa de teatro tivo a gran sorte de contar cun grande do teatro do noso país: Etelvino Vazquez, fundador do Teatro do Norte e gran erúdito das táboas. Director, autor e actor viunos falar de cómo expresar técnicamente as emocións básicas: ira, tenrura, erotismo, medo, alegría e tristeza.
Podedes atopar toda a información no seu libro: "Una escuela a la intemperie".




EMOCIONA-T

MÚSICA E EMOCIÓN

A biblioteca leva a cabo este ano o contrato programa EMOCIONA-T no que se busca achegar a expresión da emoción a través de diferentes manifestacións artísticas: o teatro, a música, a danza, a pintura, o corpo.

Dentro deste programa realizamos cos cursos de 3º ESO e 1º e 2º FP básica o obradoiro música e emoción.

Aquí tendes un resumo do que se tratou:






Leer más publicaciones en Calaméo

Gañadores concurso MULLERES QUE DIXERON NON

Dous alumnos de 4º ESO B resultaron gañadores das dúas camisetas do noso concurso " Mulleres que dixeron non". Adiviñaron corrcetamento os nomes das mulleres e as obras dramáticas que as representan.



25 de Novembro: día contra violencia de xénero.

 Celebramos o día contra a violencia de xénero con un concurso sobre figuras femeninas que dixeron NON. 

Aquí tendes o documento que elaboramos:

  A partir dunha descripción dos persoaxes e de exemplos dos monólogos tendes que adiviñar de quen se trata. Click no código QR:








LENDO OS TEXTOS DE MEDO

O equipo de dinamización en colaboración coa biblio organizou a lectura de textos orixinais con grupo de 1º ESO. Aquí tendes fotos da lectura.