PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

HOMENAXE A SESÉ

  Dende a biblioteca do IES Pedro Floriani queremos facer este sinceiro homenaxe a Sesé Mateo e a seu fillo Joshua pola súa labor en aras da igualdade. Grazas ós dous polas súas inspiradoras palabras.

Sesé Mateo de pilar dios

NOVIDADES NA HORA DE LER ✨


O que máis nos gusta na biblio do Floriani é que o noso alumnado veña á biblioteca e desfrute tocando, collendo e manipulando os libros que temos para eles. E iso era o que facíamos sempre antes de empezar a Hora de Ler: traer o alumnado á biblioteca para que elixira o que lle apetecía ler nese tempo.  Desgraciadamente este curso as circunstancias non nos permiten facelo, polo que tivemos que artellar un novo sistema, que implementamos durante esta primeira avaliación, para achegar os libros ao alumnado

1. O primeiro foi elaborar dous padlets, un dirixido a 1º e 2º ESO e outro para 3º, 4º e FPB con suxestións en forma de fotos de moitos dos libros que hai na biblio. 1º e 2º ESO  3º, 4º e FPB

2. O alumnado debía cubrir un cuestionario online elixindo tres títulos por orde de preferencia dos que aparecían no padlet ou doutros libros que eles soubesen que estaban na biblio. Ademais, había un apartado para solicitar outros libros que lles apetecese ler. Se os tiñamos na biblio, reservábamolos para eles e, se non, gardábamos esas propostas como suxestións para futuras adquisicións de fondos. 

3. Finalmente, o equipo de biblioteca clasificou e encheu, cos libros solicitados, unha caixa de lectura para cada grupo. Cando chegou o día da primeira sesión da Hora de Ler, e para respectar todos os protocolo covid, o profesorado foi pasando pola biblioteca para levar as caixas ao seu destino.

4. Durante as seis semanas que durou a Hora de Ler, o alumnado tiña a posibilidade de cambiar o libro que estaba lendo. Para iso debía escribir un correo electrónico á biblioteca ou cubrir de novo o cuestionario para solicitar outro libro. O equipo da biblioteca encargábase de metelo na súa caixa para que o tivese disponible na seguinte sesión de lectura. 

Este sistema supuxo un traballo minucioso para o equipo da bibliteca, pero tamén a satisfacción de promover o gusto pola lectura. 

VOLVORETAS 25 N

Por iniciativa do Concello de Redondela este ano todos os IES da nosa contorna participamos nunha acción conxunta para celebrar o Dia Internacional contra a Violencia de Xénero: a elaboración de centos de bolboretas para a súa  posterior exposición no multiusos.

Aquí está o proceso de creación:







e a  visita á exposición por parte dos artistas de 4º ESO