PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

HISTORY TIMELINE

AMERICAN REVOLUTIONARY WAR

A guerra de Revolución americana dos colonos contra as abusivas leis do imperio británico marcou o inicio do que foi a redacción dunha das primeriras constitucións do mundo moderno.

Despois tres semanas de intenso traballo no que tivemos que desenvolver moitas competencias de procura e elaboración de información este foi a proposta do grupo de  1º BAC humanístico.





OBRADOIRO DE MANGA


OBRADOIRO DE MANGA CON DANI DOCAMPO

O mércores 29 visitou o noso centro Dani Docampo, coñecido artista e profesor de debuxo manga.

Puidemos descubrir o mundo do cómic e poñer en practica a técnica.

Os grupos de 1º ESO A e B aproveitaron con entusiasmo o obradoiro.



Exposición de robots

Os alumnos de Bacharelato de Tecnoloxía Industrial programaron robots e fixemos unha pequena exposición na Biblioteca para amosarllos aos alumnos da ESO e de FP básica.


mbot LABERINTO:
programado para que atope a saída mantendose sempre a 5 cm da parede da dereita.





               ROBOTS SUMO:
               Busca ao rival e empuxa nel  para quitalo do tatami
       
 

mbot CAMALEÓN:
detecta a cor e encende os      mbot RETIRA OBSTÁCULOS:         mbot BUSCA e SEGUE LUZ:
LEDS da mesma cor
     
Mbot con mando por IR
  
         
mBOT recoñece ordes de VOZ     
Aquí podedes ver un video e algunhas fotos  da exposición












BOLETÍN DE SUXESTIÓNS 2020

Suxestións de lecturas sobre Feminismo e sobre STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas).

Agardamos que vos gusten

TEATRO ESCOLAR


MARCELA E ELISA - Uhna función moi especial.

Por segundo ano consecutivo, a biblioteca de IES Pedro Floriani ven organizando funcións de teatro escolar para todos os centros de secundaria da vila.
Neste caso, puxémonos en contacto coa compañía  de " A panadaría" e representaron a obnra sobre a primeira parella de lesbianas galegas : " Marcela e Elisa". A obra estaba dirixida para todo o alumnado de 4º e 1º BAC dos centros escolares de IES Mendiño, Illa San Simón e Pedro Floriani.
Despois da función tivemos unha pequena charla coas actrices quenes explicaron o proceso creativo e a montaxe da obra.





CHARLA


FOMENTANDO OUTRA VISIÓN DO MUNDO..

O noso compañeiro do departamento de Lingua Galega deu unha charla sobre o poder, a democracia  o fascismo e os neofascismos a todo o alumnado de 1ºBAC. Todos quedamos con gañas de máis sobre todo porque o seu enfoque foi completamente distinto ao que estamos acostumados. Pensamento critico a tope!! Grazas e repetirémola.