PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

COLCHA ANTIVIOLENCIA

Este ano puxemos a todo o centro a coser retais para confeccionar entre todas unha colcha solidaria.
Aquí tendes un exemplo do principio do traballo que terá a súa culminación no vindeiro trimestre.









25 DE NOVEMBRO

Esta semana comezamos facendo diversas actividades conmemorativas do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Estos son algúns dos traballos realizados polo alumnado de 4º ESO

O alumnado de Tecnoloxía elaborou uns cartéis sobre o tratamento da violencia de género nos medios





 


 Este é un texto cuxa lectura recomendamos.

STEM

OBRADOIRO DE PROGRAMACIÓN SCRATCH


A biblioteca está o organizar xunto co departamento de Tecnoloxía unha serie de obradoiros trimestrales para 1º, 2º e 3ºESO de programación e robótica.



Este é o videoxogo que aprenderon a programar os alumnos de 1ºESO



Aquí tendes o enlace para poder xogar:  Scratch de iniciación


Aquí tendes os enlaces para xogar a outros videoxogos programados por alumnos do Centro











PREMIOS SAMAIN

ENTREGA PREMIOS CABAZAS E POSTRES NOXENTOS

1º PREMIO AO POSTRE MÁIS NOXENTO: " Mal de ollo" de Rocío Balado, Lucía Rodríguez Lesmes, Yanely Gonçalves de 1º B

2º PREMIO :  " Cemiterio"  DE Andrea Otero de 2º A



PREMIOS CABAZAS:
1º PREMIO PARA XIANA ALVAREZ 1º B CON " Menú Halloween"
2º PREMIO PARA ARAIZ BASTOS 3º B " Jack"

NORABOA A TODAS AS PARTICIPANTES!!

SAMAÍN

CELEBRAMOS O SAMAÍN!!!

Fixemos un concurso de calacús e outro de postres noxentos, e os participantes esmeráronse, como podedes ver nas fotos. Foi todo un éxito!
Os gañadores coñecerémolos no Magosto, que se celebrará o día 8 de novembro. 










DÍA DA BIBLIOTECA

FELIZ DÍA DA BIBLIOTECA!!

Celebramos o día da Bilioteca xogando e reflexionando porque as bibliotecas son importantes:
 " axúdannos a comprender o mundo" 
" podemos saber como se expresan outras persoas"
" dannos coñecemento"

 Letra A letra, Dice Academy, Imagine, Fantasma Blitz, Palabrea, Suspend foron algúns dos xogos .
 






HORA DE LER

CAIXAS LECTORAS !

Comenzamos a hora de ler coas nosas caixas lectoras. Trátase de caixas de fruta reciclada que cada curso decorou o seu xeito para poder meter a selección de lecturas para a hora de ler.
Aquí tendes un exemplo de como quedaron:

3º A: Reivindicativa

1º A:  Ensoñadora


4º A: Pop-ART

FORMACIÓN USUARIOS 1º BAC

A primeiros de outubro tivemos a presentación da biblioteca para os dous grupos de 1º Bach. para entregar os carnés á xente que vén doutros centros e para aprendermos a buscar fondos e pedilos emprestados. Fumos seguindo as instrucións que xa estaban publicadas no blog (Pica na imaxe para ir ao post):


Agora poñémosvos algunhas imaxes para contarvos como foi. Primeiro decatámonos de que a biblioteca ten carteis con número e cores correspondentes ás distintas seccións, por temas ou polo tipo de fondo.


Despois continuamos pola clasificación CDU e os datos que veñen nos tellolos dos fondos (que non hai que confundir co número de rexistro do fondo, que está no interior e se utiliza para rexistrar o préstamo):


A continuación buscamos os libros e as películas no buscador OpacMeiga:


E, finalmente, atopamos os libros nos andeis a través das sinaturas do tellolo:


Exito total! Ao final tanto en 1º A como en 1º B atopamos todos os fondos que tiñamos que buscar!