PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

A TARTARUGA DE DARWIN

A NOSA BIBLIOTECA APOIA O TEATRO ESCOLAR!!

TODOS OS IES DE REDONDELA ( IES MENDIÑO, IES SAN SIMÓN E IES PEDRO FLORIANI)  DISFRUTARON DE " A TARATARUGA DE DARWIN" DE JUAN MAYORGA.

A nosa B.E. organizou unha actividade conxunta para todo o alumnado de 1º Bacharelato e 4º ESO de todos os IES de Redondela para ver unha adaptación  en galego da obra de Juan Mayorga " La tortuga de Darwin" traducida e adaptada por a Escola Municipal de Teatro de Vigo baixo a dirección de Eva Vila. Tamén elaboramos unha unidade didáctica que podedes atopar a continuación.







MICROCONTOS




Os microcontos ou microrelatos son un formato literario que ten moita aceptación entre o público lector. Como actividade preliminar ao obradoiro de escritura de microrelatos (que organizaremos no vindeiro trimestre) analizamos as características xerais dos microrelatos, limos e comentamos unha selección de microrelatos que podedes ver no documento



https://issuu.com/bibliofloriani/docs/microrelatos.docx
Ademais, incluimos unha serie de microrelatos pola igualdade que no teñen desperdicio e que podedes atopar no seguinte link.

REDE DE ESCOLAS NON MÁIS PEDRAS.

 NON MÁIS PEDRAS

 Como xa ven sendo habitual no noso IES, colaboramos coas propostas de Amnistía Internacional  neste caso no día contra a  Violencia de Xénero.

A actividade consistiu nun relato basado en feitos reais e cinco pedras (que físicamente se colocaron no patio) : as que físicamente se atopou a protagonista da nosa historia.

En cada unha delas un grupo de alumnos e alumnas de ciclo medio contaban o suceso ás / ós seus / súas compañeiros/as.






Photo call 25 nov


A nosa aportación deste ano para o Día contra a Violencia de Xénero.
Participaron alumnos de 3º  ESO, 1º Bac.
¿Como ven eles en imaxes a violencia de xénero
. Este foi o resultado: as imaxes valen máis que mil palabras.