PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

Exposición libros terror

Para animar ás lecturas de medo fixemos unha selección de fondos de thrillers e literatura de terror que publicaremos en un vindeiro boletín.

CONTOS DA NÉBOA

O samaín xa está aquí.. 

no Floriani queremos celebralo con lecturas axeitadas. Así que fixemos unha selección de contos do magnífico libro de Anxel Fole: " CONTOS DA NÉBOA ". 

O alumnado de 2º ESO leron: " A fotografía" " O páxaro laión" " A néboa pare pantasmas" 
" De como me atopei co demo en Vigo" 



 

DÍA DA BIBLIOTECA

Os contos 


ese é o noso proxectos de biblioteca para este ano e para ambientar e celebrar o día contamos cuns persoaxes moi especiais...

CHARLA

En colaboración con Departamento de Orientación a B.E. está a organizar unha serie de charlas sobre discapacidade.O pasado msrtes 23 de outubro Ivan e Xulia presentaron ao alumnado de 4º ESO
o problema dos discapaciatdos por lesión medular. Xulia deunos información sobre a lesión e Iván ofreceunos a súa testemuña de primeira man: caeu fai 19 anos o mergullarse nun río.

Moitas grazas a todos/as por compartir a vosa experiencia.


FLORITOMATADA

Empezamos o curso sacando rendemento aos productos da nosa horta. Neste caso co alumnado de 2º FPelectrónica recollimos os tomates cherries e elaboramos unha suculenta salsa de tomate que logo degustamos. Para sacarlle a acidez do tomate en vez de azucre engadimos raiadura de chocolate. Hmmmm Deliciosa!!. Grazas a todos pola vosa participación.