PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

VOLUNTARIAS

DESPEDIDA ÁS VOLUNTARIAS DA B.E.

O noso equipo de voluntarias da biblioteca despediuse este curso con gañas de seguir participando no vindeiro con proxectos xa de apadriñamento de lectores e compromiso de servir de embaixadoras do noso proxecto de biblioteca do curso 2018-19: os contos.
GRACIÑAS pola vosa inestimable colaboración.

CHARLA SOBRE ANTÁRTIDA


Charla sobre unha expedición á Antártida.

A  nosa compañeira de bioloxía Cristina Martínez ofreceu unha interesantísima charla froito das súas vivencias nunha expedición a Antártida no ano 2008.
Daquela, os científicos que participaron nela xa constataron os efectos adversos do cambio climático e o efecto invernadoiro.


Lidia Collazo Couñago, de 4º da ESO B, gañou este ano o IV Concurso Xuvenil de Microrrelatos da Rede de Escolas de Amnistía Internacional na categoría de 14 a 16 anos. Un premio merecido, que nos enorgullece enormemente.


Picando na imaxe da dereita pódese acceder á convocatoria do concurso, na páxina da Rede de Escolas.



A casa da avoa

Non hai maior dor para un pai que ver sufrir os seus fillos,velos sufrir e non poder facer nada para evitalo,nada para aliviar o seu sufrimento.Só estar alí, apoialos nas decisións difíciles e darlles un lugar no que sempre se sentiran seguros e protexidos.Ou polo menos tentalo. Lembro o día que lle chegou a carta a miña filla, chamoume chorando e moi angustiada, o único que eu podía facer na miña situación era escoitala, maldicir interiormente o noso goberno, pensar en todos o dereitos que estaban a ser violados nese momento e tentar consolala con palabras que non sentía xa que a súa situación era bastante mala. Xa pasaron uns meses e os meus netos atópanse xogando co can mentres que os seus pais mandan solicitudes de traballo sen parar, xa non teñen casa, non puideron pagar a súa débeda e botáronos. Por agora os nenos pensan que están de vacacións, pero iso non durará eternamente e xa comezan a sospeitar. A miña pensión está a alimentar a seis persoas e un canciño, é complicado e ás veces dan ganas de renderse pero coma dicía unha amiga miña “entre mortos e feridos alghun ádese salvar” mirando o lado positivo pasamos moito mais tempo xuntos e temos un teito sobre as nosas cabezas. Viven coa avoa, que ten de malo? Mais todo iso pode cambiar e despois de ler o correo desta mañá a situación vai empeorar rapidamente a non ser que nos toque a primitiva.

    Lidia Collazo Couñago

 


Estas son unhas fotos do acto de entrega de premios, co poeta e escritor de novela xuvenil Román Raña:




5TH JUNE INTERNATIONAL ENVIRONMENT DAY

DIA INTERNACIONAL DO MEDIO AMBIENTE
O pasado martes 5 de xuño celebrouse en India o Día Mundial do Medio Ambiente cun eslogan moi clariño: descartar os plásticos dun só uso das nosas vidas: garfos e culleres de plástico, pallíñas para os refrescos, botellas de auga.

  BEAT PLASTIC POLLUTION. Loitar contra a contaminación don plástico no noso planeta ese é o obxectivo primordial das accións.

No chamado Great Pacific Garbage Patch acumúlanse máis de 87.000 toneladas de basura e xa alcanza unha extensión equivalente a Alemania, Francia e España xuntas.


Dende a nosa biblioteca  estamos comprometidos co medioambiente e dentro do nos proxecto Planeta Verde quixemos concienciar da importancia de non xenerar tanto residuo plástico. Comprométeste con nós?

                        Plástico producido en catro días por unha familia de cinco membros.



Nova sección

Inaguramos unha nova sección sobre cómic, novela gráfica e feminismo.

 Dada a gran cantidade de libros biográficos de mulleres pioneiras en moitos ámbitos da nosa sociedade decidimos dar cabida a estas publicacións. É o noso compromiso coa divulgación da súas vidas e a nosa aposta pola igualdade.

ULTIMO BOLETIN




30 de Novembro de 2017: Cidades Iluminadas contra a Pena de Morte


Na celebración do  Día das Cidades Iluminadas contra a Pena de Morte  deste ano participaron todos os grupos de Valores Éticos da ESO (con profesorado dos departamentos de Administrativo, Latín e Filosofía) en colaboración co  Grupo da Rede de Escolas do IES Pedro Floriani  e, por suposto, o  Concello de Redondela . Fixemos os  murais  que vedes aquí, inspirados en  edificios e monumentos da nosa vila .




Esta é a pancarta que pendurarou o Concello, que se solidarizou coa nosa reivindicación: