PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

Intelixencia emocional

O gran descubrimento da miña xeración é que os seres humanos poden cambiar as súas vidas ao cambiaren as súas actitudes mentais.
William James

A biblioteca de noso IES organizou un obradoiro de intelixencia emocional con psicólogo Daniel Novoa co fin de intercambiar as nosas teimas, dúbidas de cómo tratar as emocións na aula e de cómo sentar as bases para lograr un clima de entendemento en empatía dende o principio entre o noso alumnado.
Chegamos as seguintes conclusións:
- A actitude multiplica: calma, estratexia, esforzo, empatía, optimismo, coherencia, autoridade moral, interese xenuíno…
- A unión e a organización fai a forza
- A túa liberdade remata onde empeza a do outro: consecuencias dos actos: emocións e ética.
- O conflito é inevitable: ante todo moita calma, investigar os feitos, empatía e compromiso supervisado.
- Educación emocional: implicarse, non xulgar e mollarse.
Traballamos actividades de buscar entre o grupo persoas que tiveran emocións, gustos, aversións, afeccións en común. Iso deunos pé a coñecernos mellor e que o profesorado novo no centro se sentira máis integrado.
Intentamos resolver conflitos dun xeito consensuado e démonos conta que a maioría das situacións teñen solucións moi sinxelas e que somos nós as que as complicamos.

Aquí tendes unha mostra do ben que o pasamos posando coas cinco emocións básicas:



Grazas a todos/as por participar