PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS
POEMAS OPACOS
Os poemas opacos foi unha iniciativa de normalización lingüística na que colaboramos o departamento de historia e a biblioteca. O proceso foi o seguinte:
- queríamos facer unha homenaxe os escritores galegos represaliados, co cal eleximos unha serie de autores.
- o alumnado de 4º ESO elaborou as biografías dos autores
- a biblioteca escolleu textos das páxinas 36 dos libros
- repartiu os textos entre o alumnado de 2º ESO que se encargou de facer os debuxos escollendo as palabras, as frases que máis lle chamaban a atención dentro deles.
- despois empezamos o proceso de dramatización: escollimos persoaxe, contexto, interlocutor, traballamos a xestualidade..
- entre os mellores fixemos selección e montamos unha pequena coreagrafía que resultou no video final.
Aquí podedes ver todo o proceso.
www.http://poemasopacos@blogspot.com.es/
XOGANDO CO CORPO HUMANO
O xoves 22 de xuño a biblioteca organizou xogos para que todo o alumnado da ESO disfrutara das actividades que os propios compañeiros deseñaron:
1. IN CORPORE SANO xogando coas linguas mater
2. WALLPAPERQUEST. Xogo de busca de información en inglés
3. GASTRONOMÍA E CIENCIA. Construimos unha célula escariota con chuches.
4. FERMÍN E FELISA. Xogo de identificación dos osos.
Aquí tendes unha mostra do que foi.
O xogo In corpore sano tiña catro apartados:
1.Identificar as partes do corpo humano en latín
2.Identificar as partes do corpo humano en grego
3. Xogo de prefixos e sufixos grecolatinos nas especialidades da mediciña
4. Escribir os nomes seguindo o alfabeto en latin e grego

EXPOSICIÓN CORPO HUMANO
Os traballos realizados polo alumnado da ESO ao longo do curso dentro do proxecto multidisciplinar da B.E.foron expostos a última semana de clase. O material repartiuse polos corredores e vestíbulos do 1º e 2º andar, ademáis da planta baixa.
Os departamentos colaboradores foron E.F., Cultura Clásica, Plástica, Historia, Bioloxía, Inglés, Filosofía.
Aquí tendes unha mostra do traballo:
Os departamentos colaboradores foron E.F., Cultura Clásica, Plástica, Historia, Bioloxía, Inglés, Filosofía.
Aquí tendes unha mostra do traballo:
Who am I? - Bilingual Philosophy 4th ESO
PIXTON COMICS
Culminating task for the 1st assessment project My identity.
These are the comics we made for the Philosophy class. We used a new online application called Pixton:
Materials
In our strips we had to
Culminating task for the 1st assessment project My identity.
These are the comics we made for the Philosophy class. We used a new online application called Pixton:
Materials
In our strips we had to
greet the reader,We used vocabulary that we learnt from Lingolex:
introduce ourselves and
make a physical and a character description.
Physical Appearance: http://www.lingolex.com/appearance.htm
Character Description: http://www.lingolex.com/personalidad.htm
And this is the link to Pixton:
B3H1ND - Drons e Hackers
B3H1ND - Drons e Hackers é un xogo desenvolvido por Amnistía Internacional e Intelygenz. Na 3ª avaliación de Valores éticos de 3º ESO A e de 4º ESO A, B, investigando sobre Tecnoloxía e Dereitos Humanos, dedicamos as clases de antes de semana santa a este xogo. Primeiro fomos á páxina do xogo na Rede de Escolas de AI:
Nesta páxina hai un vídeo de promoción do xogo, outro cun testemuño dunha nena que sobreviviu a un ataque con drons e unhas cifras que resumen a brutalidade deste tipo de armamento (Recollemos todo isto ao final deste post).
Despois de ver o vídeo promocional descargamos o xogo nos nosos móbiles e estivemos xogando ata completármolo.
Para rematar, limos a documentación, contrastamos a nosa experiencia cos datos que dá a páxina de AI e vimos o vídeo da nena supervivente.
Manuel fai este comentario:
Materiais
Estes son os vídeos que podemos ver na páxina de Drons e Hackers de Amnistía:

TIP - Se prestas atención á voz dos militares nunca acabarás o xogo: por moitos erros que cometas sempre seguirán enviándote a novas misións. Escoita a voz dos que chaman “Hackers”!.
Para rematar, limos a documentación, contrastamos a nosa experiencia cos datos que dá a páxina de AI e vimos o vídeo da nena supervivente.
Manuel fai este comentario:
Drons e Hackers
Manuel Jiménez Jiménez
Drons e Hackers é un videoxogo con drons armados no que debes ir superando fases baixo as ordes dun comandante. Estes drons actúan en moitas rexións do mundo como Irak, Afganistán, Gaza, etc. Estes drons non respectan as normas internacionais que protexen as persoas dos países ameazados e isto queda moi claro no xogo, onde te decatas de que están totalmente fóra de control e de que actúan dun xeito enganoso que favorece os intereses dos grandes líderes, que actúan baixo un gran secretismo onde ninguén se responsabiliza dos ataques e onde as víctimas non teñen maneira de facer valer os seus dereitos ante a xustiza. O número das víctimas que dan os militares do xogo non coincide para nada co que ocorre na realidade: dan un número de mortes moitísimo menor, o que demostra o secretismo e os datos falsos que dixen anteriormente. < br /> |
Materiais
Estes son os vídeos que podemos ver na páxina de Drons e Hackers de Amnistía:
Murais das Cidades Iluminadas contra a Pena de Morte
Nas materias de Valores éticos de 3º ESO A, 4º ESO A e 4º ESO B fixemos, para celebrar o 30 de novembro, Día das Cidades Iluminadas contra a Pena de Morte, fixemos durante a 1ª avaliación, uns murais de edificios emblemáticos de Redondela con frases contra a pena capital.
Colaboraron a Grupo da Rede de Escolas de Amnistía Internacional e o propio Concello de Redondela, que pendurou tamén unha pancarta nunha das fiestras do edificio principal.
O mural de 3º A
Representa o viaduto, sobre o que se proxectan a frase Non á pena de morte e a candea de Amnistía Internacional. Para simular a proxección estivemos traballando nun sistema con LEDs que se penduraría do teito... e conseguímolo! Pero despois, ao pendurar o mural no corredor, a instalación era moi complicada e cambiámola por unha tira de plástico de forrar libros coa frase e o debuxo feitos a rotulador. Aínda así, fixemos unha candeíña de plástico que pegamos ao lado do mural.
O mural de 4º A
Representa o edificio do Concello co texto Non á pena de morte e a candea pintados en amarelo. Acompañamos cuns comentarios en folio onde se explica qué é o Día das Cidades Iluminadas.
O mural de 4º B
Representa o Multiusos da Xunqueira, co lema Toda persoa ten dereito á vida e a candea pintados. Para debuxalo axudámonos dunha proxección e despois repasamos as liñas, mentres comentabamos a xeometría do edificio. As letras e os debuxos gardan a perspectiva da fotografía. Acompañamos tamén cunhas citas da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
A mensaxe
A nosa mensaxe resúmese nestes tres comentarios:
Materiais
Para documentármonos, antes de empezar o traballo, consultamos a páxina de Amnistía sobre esta actividade e o Pasaporte dos Dereitos Humanos.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)