PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS
POEMAS OPACOS
En colaboración co Equipo de Normalización Lingüística e os profesores de historia e de galego levouse a cabo unha actividade colaborativa e interdisciplinar entre os cursos de 2º, 4º de ESO.
A actividade consistiu en que o alumnado de 4º de ESO buscase e redactase as biografías de autores galegos represaliados. Como seguinte paso a biblioteca proporcionou as páxinas 36 de todos os textos existentes nos nosos fondos de ditos autores.
Posteriormente, o alumnado de 2º realizou un traballo plástico seleccionando palabras relevantes do texto.
Como culmen fixemos un traballo de expresión dramática e corporal cos poemas resultantes.
Preme aquí para abrir as nosas obras de arte
O CORPO HUMANO E AS MATES
TRABALLO SOBRE O CORPO HUMANO E AS MATES
O alumnado de 1º FP Básica estivo estudiando o corpo humano e as proporcións, o traballo estivo supervisado pola profe de matemáticas María. A charla foi dirixida aos dous grupos de 1º ESO que gozaron medíndose os dedos e os brazos .
CONSUMO CONSCIENTE
CARLA CONSUMO CONSCIENTE NO IES PEDRO FLORIANI
Como cada ano e asumindo o noso compromiso coa educación para un consumo consciente. Cándido da cooperativa de consumidores Árbore de Vigo ofreceu ao alumnado de 4º ESO unha charla sobre a importancia de saber cómo consumir. Deunos exemplos non só sobre alimentos que sufren un procesamento industrial antes de chegas as nosas mans como é o caso das laranxas senon tamén sobre móbiles e roupa. Todo para axudarnos a entender cómo producir productos de consumo máis sostibles.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)