PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

SAMAIN E MAGOSTO

SAMAIN E MAGOSTO

Como todos os anos a biblioteca celebra o samaín.
Este ano organizamos unha pequena posta en escea co alumnado de 3º e 2º de ESO  que se animou a representar un sketch dun xogo que fai furor entre os máis novos A NIGHT AT FREDDY’S.
Elvira, Rebeca, Iñaki, Roi e Aaron foron os encargados de  escribir o guión e dar vida aos distintos persoaxes do xogo. A posta en escea tivo lugar na biblioteca diante dos grupos de 1º ESO e 2º de FP. No post A Night at Freddy’s tendes máis información.


 Tamén tivemos a visita da Compaña

+
Ademais, como ven sendo habitual celebramos a tradicional charla sobre o fantasma do Floriani Gabriel Couñago, cos mensaxes de alén incluidos.


 Tivemos concurso de cabazas cunhas propostas do máis orixinais.






FORMACIÓN USUARIOS: O CORPO HUMANO

O proxecto multidsciplinar da B.E. deste ano é o corpo humano, así que orientamos a formación de usuarios para os dous grupos de 1º da ESO cara unha busca documental entre os fondos da biblio que tiñan que ver co tema. 
Unha vez divididos en grupos distribuiamos as preguntas se o grupo contestaba satisfactoriamente dábamoslle un enigma sobre un órgano do corpo humano que tiñamos exposto na biblioteca.


Para algúns non foi doado identificar as funcións dos órganos....!!