PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

CHARLAS FILOSÓFICAS "A luz" 2: Utopía e distopía

2ª Sesión: Feliz mundo novo, A onda, 1984
Se algo non existe na linguaxe, non podemos pensalo.


Hoxe estamos sete persoas para facer a nosa exposición: Patricia, Rosa, Lorena, Laura Míguez, Ana, Laura Rodríguez e Irene. Falamos, dentro do tema de A luz, sobre Utopía e Distopía; moitas das novelas que temos na listaxe de lecturas e películas de Filosofía de 1º Bach. pertencen a este xénero e utilizan recursos como presentar ambientes luminosos ou escuros para diferenciar os aspectos positivos e os negativos das sociedades que describen.



Patricia, Rosa e Lorena comentan a novela de Aldous Huxley Feliz mundo novo. Nunha situación futurista hai unha sociedade na que a xente nace por clonación e vive dividida en castes: Alfas, Betas... As persoas están contentas co que son e coa súa forma de vida, pero isto é a costa da súa individualidade; un exemplo é a hipnopedia: desde que son bebés, cando están durmindo, unha cinta magnetofónica repítelles milleiros de veces que a súa caste é a mellor e que non lles gustaría pertencer a outra. Durante o día todo aparenta ser feliz e luminoso pero, pola noite, vemos aparecer o lado escuro e opresivo desta sociedade.


Nun instituto, na clase de historia, un profesor decide facer un experimento coa clase porque cren que non sería posible que se repetise o nazismo. Vístense todas/os igual, de gris e branco, inventan un saúdo e só falan entre a xente do grupo, que chaman A onda. Ao pouco tempo comezan a mellorar os resultados nos deportes e nos exames, pero tamén as actitudes violentas e discriminatorias. Laura Míguez preséntanos a Karo, que é unha rapaza consciente e crítica e que manifesta a súa oposición a través das cores e o vestido: pon roupa vermella e chamativa e mantén a súa opinión aínda que a clase a rexeite. Pero... como acaba todo? Para sabelo teredes que ler o libro ou o cómic, ou ver a película.

1984 foi unha novela que introduciu conceptos, imaxes e metáforas que xa son parte da nosa cultura, coma o Irmán Grande e a neolingua. Ana, Laura Rodríguez e Irene describen os recursos que resaltan a sordidez e a despersonalización desta sociedade orwelliana: a xente vestida coas mesmas roupas das mesmas cores, as rúas escuras e as pantallas de televisión que te observan en todos os lugares sen que ti poidas saber quen é esa persoa que te está observando.
O pasado reescríbese constantemente e as palabras que expresan conceptos críticos ou anovadores bórranse do idioma porque se non están na linguaxe non podes pensalos.


Imaxes

Picando nunha das fotos podes ver todas ampliadas, como tira de imaxes.



Materiais para descargar

Hoxe temos temos tres presentacións distintas, ademais do cartaz:


      



SOS SIRIA




A B.E. puxo en marcha durante o mes de marzo unha recollida de roupa en solidaridade cos refuxiados sirios. Durante dúas semanas toda a comunidade educativa contribuiu no almacenaxe, clasificado e precintado da roupa: profes e alumnado traballamos xuntos por unha boa causa.


Conseguimos xuntar uns 700kg de axuda entre calzado e prendas de todo tipo de abrigo para neno/a, muller e home.




A nosa aportación unese a outras feitas en Asturias, Pais Vasco e Madrid e partiu para Atenas.

GRAZAS A TOD@S POLA VOSA COLABORACIÓN.

O CÓMIC MANGA

Somos Rebeca, Estela, Elvira e Aarón. Estamos en 2º A o pasado 26 de xaneiro fixemos unha presentación sobre o Manga, Anime e Vocaloid. Como nos encanta o tema decidimos presentalo xa que non é moi coñecido.



A información foi complicada de atopar xa que había moita. Para anime usamos a seguinte páxinahttp://jkanime.net/
A busca de información a fixemos desde a páxina http://es.vocaloid.wikia.com/wiki/Vocaloid_Wikia
Elvira: A miña experiencia foi moi bonita ainda que estaba moi nerviosa. Eu creo que os nenos aprenderon e interesáronse un pouco máis no mundo do anime. A miña conclusión, todos tivemos máis confianza en nos mesmos.
Estela: Estaba moi nerviosa pero cando vin aos nenos pasouse esa sensación. O volvería a facer sen dúbida.
Rebeca: Esta foi a miña primeira presentación para outra clase e estiven moi nerviosa pero ao final estiven ben. Os assitentes parecían moi interesados no tema, incluso fixeron preguntas.