PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

Xénero e poesía: Recital de Silvia Penas

Para celebrar o día da Muller, a biblioteca xunto co Departamento de Galego organizou un concerto-recital con Silvia Penas e Jesús A. Tejada.
A temática da maioría dos poemas versaba sobre os roles de xénero, así como o maltrato contra as mulleres.
Todos disfrutamos da forza e a intensidade dos poemas de Silvia.
Grazas por achegarnos o voso arte.

Pica nesta icona para escoitar a Silvia recitando o poema Prólogo e Epílogo. 




CHARLAS "A REVOLTA DOS ANIMAIS" – 1

1ª sesión: O autor e o contexto
Bestas de Inglaterra, Bestas de Irlanda, oíde a miña boa nova

Benvidas/os un ano máis ás charlas filosóficas na biblioteca do alumnado de 1º Bach. A novela que traballaremos colectivamente este ano será A revolta dos animais, de George Orwell.
Os temas das charlas serán os seguintes:
1. O autor e o contexto histórico
2. Personaxes principais
3. Personaxes secundarios
4. Argumento: a acción e os símbolos
5. Utopía-distopía, sátira, conto de fadas
6. Debuxos e creación artística


O contexto histórico

Esta primeira sesión está a cargo de Carla Míguez, Laura Nogueira e Yasmina Ribeiro.



Laura introduce o autor e a época.
George Orwell (1903 - 1950), comunista convencido que loitou pola república na guerra civil española, criticou o stalinismo porque non cría que fose un comunismo. Escribiu tamén Homenaxe a Cataluña e 1984.
Lenin impulsou a revolución soviética seguindo as ideas de Marx nunha Rusia agraria e pobre, tiranizada polos tsares e practicamente sen industria.

Carla glosa as figuras de Stalin e Trotski, tan importantes na historia real coma na novela de Orwell.
O primeiro foi o loitador convencido que quixo estender a revolución por todo o mundo e foi perseguido e asasinado por iso.
O segundo foi o gobernante que se volveu totalitario tras tomar o poder, reprimindo ao pobo cunha dureza extrema.

Yasmina explica os plans quinquenais e a cumbre de Ialta.
Na teoría marxista é condición necesaria para unha revolución proletaria que haxa un grao alto de industrialización, que non se daba na URSS. Por iso Stalin organizou diversos plans para acadala, que acabaron fracasando uns tras outros.
Acudiu tamén a varias cumbres como a de Ialta, onde tratou de igual a igual cos países capitalistas para repartirse a influencia política e militar no mundo.



Materiais para descargar

Nestas imaxes tes links á presentación e o cartel:


Club LAURIÓN - 6º libro: "Insurgente"

LUNES 19 DE MAYO


   Insurgente   
      Veronica Roth      

UNA ELECCIÓN
que se convierte en sacrificio

UN SACRIFICIO
que se convierte en pérdida

UNA PÉRDIDA
que se convierte en carga

UNA CARGA
que se convierte en batalla

UNA SOLA ELECCIÓN PUEDE TRANSFORMARTE

Una sola elección puede transformarte… o destruirte. Sin embargo, toda elección tiene sus consecuencias, así que, cuando los disturbios se extienden por las facciones, Tris Prior debe seguir intentando salvar a sus seres queridos (y a sí misma), mientras se enfrenta a inquietantes dilemas sobre la pena y el perdón, la identidad y la lealtad, la política y el amor.

Insurgente es la esperada segunda parte de la saga distópica Divergente. En ella encontramos otra trepidante historia repleta de giros inesperados, desengaños, amor y profundas reflexiones sobre la naturaleza humana.

Club Atenea 5 - “Take one!, Action !”

In our sixth session we filmed some improvisation exercises in which students use both their imagination and creativity to make up a situation with the few props we had available. You can see the result here.

The thief



The beach



The fortune teller



Raining