PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

JAZZ

Seguindo co noso proxecto da escravitude ao jazz o alumnado de 4º ESO elaborou un blog con todos os seus traballos (vídeos e presentacións) sobre a manifestación cultural máis representativa de poboación negra nos EEUU: O JAZZ. Preme na imaxe para ver o blog.
UNHA MIRADA MATEMÁTICA DO MAR

Actividade con PROA

A biblioteca colaborou co PROA nunha actividade conxunta de busca documental co eixo temático: o noso pobo, centrándonos nos seguintes aspectos: festas relixiosas, festas grastronómicas e toponimia. A busca de información realizouse con fondos bibliográficos (enciclopedias e fondos sobre o folclore local), na rede e a través da exposición etnográfica do centro. @s 14 alumn@s participantes realizaron a actividade en parellas.


LECTURAS EN REDE

a) co 2º Bacharelato  De catro a catro de Manuel Antonio a través da Biblioteca Virtual Galega; 
b) co 4º ESO visitamos a páxina de  http://onlinebooks.library.upenn.edu/  onde limos extractos do relato The Moon is Green de Fritz Lieber.
c) co 2º de agrupamento da ESO leron textos da Biblioteca Virtual Galega : de «Os biosbardos» : «O encalatro» e  o alumnado con ACI leu de X. Rodríguez Docampo «¡Estampado!» dentro da antoloxía «Cun ollo aberto e outro sen cerrar»: «Maneira de facer un conto, con exemplo práctico».

   

LECTURA EN REDE

Cos cursos de 2º agrupamento da ESO, 4º ESO A e 2º bacharelato fixemos varias lecturas en rede. Para saber máis preme aquí.

FOTOS SANTA MARIÑA

DEMOSTRACIÓN DE XOGOS POPULARES

O pasado venres 8 de xuño o alumnado de 1º ESO A fixo unha demostración de xogos tradicionais galegos ao alumnado de 5º de primaria do centro Santa Mariña de Redondela. Se queres ver as fotos dos xogos preme aquí.
ARTE NA BIBLIO
A biblioteca en colaboración co departamento de Historia organizaou un obradoiro durante os recreos do mes de maio. Alumnado de diferentes cursos (3º PDC, 4º e 3º ESO) estivo pintando cadros relacionados co mar. Grabamos audicións con poemas e os nosos cadros utilizáronse como fondo para as grabacións. Para ver o resultado preme aquí e para ler os poemas preme aquí.

FOTOS XULIO VERNE

 AS MATEMÁTICAS E O MAR
Os departamentos de Plástica e Matemáticas realizaron un traballo conxunto que consistiu: unha exposición de fondos marinos (cuxos resultados podes ver nas fotos) e unha presentación de formas matemáticas a partir de fotos do porto de Cesantes. Se queres ver o resultado preme aquí.

INFORMACIÓN SOBRE A ENSENADA DE SAN SIMÓN

CÉSAR PORTELA
César Portela Fernández (Pontevedra 1937). Cursou estudios de arquitectura na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona. Trala súa graduación en 1996, trasládase a Madrid, onde obtén o grao de Doctor na Escola de Arquitectura de Madrid.
Na Illa de San Simón se comezou a xestar un proxecto de rehabilitación integral, encargándose o arquitecto César Portela. A rehabilitación tratou de ser extremadamente respetuosa co lugar, por un lado recuperando toda a parte relacionada cola flora, e por outra rehabilitando os edificios existentes sen producir profundas modificacións.

Edificios construídos ou en construcción:
-         En construcción: Palacio de Congresos de Beiramar (Vigo). Ampliación do Aeroporto de Peinador.
-         Construídos: vivendas para xitanos, Acuario de Vilagarcía, Casa da Cultura de Cangas, …

ANA PÉREZ (3º ESO A)
A ría de Vigo sofre unha grande contaminación que se dispara na zona cercana a antiga fábrica de cerámica de Pontesa, en Pontesampaio. Nese lugar, según un estudo científico da Universidade de Vigo e dos expertos de Innsoil, unha compañía especializada en contaminación de solos, “os niveles hallados de chumbo son elevadísimos, superan en catro cifras a cantidade de chumbo admisibles para o consumo humano de bivalvos”.
Este estudio recolle o contido de metais pesados para tres grupos distintos de bioindicadores, que son: algas, moluscos, bivalvos e miñocas.
A situación é especialmente crítica nas augas que rodean a antiga fábrica de louza construída en 1961 e que permaneceu aberta durante corenta anos.
O caudal do río Oitavén xunto coas correntes mariñas, transportan os depósitos de chumbo desde as cercanías da Illa de San Simón, a través do estreito de Rande hacia o resto da Ría.

RIA DE VIGO  Autor
A ría de Vigo é a máis profunda e meridional das Rías Baixas de Galicia. Está situada ó sur da provincia de Pontevedra, e esténdese en dirección noroeste nunha lonxitude de 35 Km. Estírase de sudoeste a nordeste, a modo de lanza que se vai estreitando a medida que camiñamos hacia o interior. A ría de Vigo estreítase en Rande para volverse abrir de novo formando a ensenada de San Simón.

Un fiordo é profundo e de escarpadas ladeiras laterais xa que foi tallado por un glaciar, unha ría designa un val no glaciar dun río costeiro inundado pola elevación do mar.
As rías poden ter unha orixe tectónica debido o fundemento continental, ou ben glacioestático, formado pola invasión mariña dos vales fluviais baixos. As rías Baixas son máis amplas en relación cos ríos que as forman.

FUTURO DA ILLA
  • Posibilidade e explotación
Na actualidade despois de moito tempo de rehabilitación dos edificios e la flora da Illa esta destinada para a conservación da memoria Histórica, Centro de documentación e Biblioteca. Tamén recolle algúns actos como a entrega dos premios Xerais, concentracións como Neuromagic e pose unhas instalacións de talasoterapia.

  • Accesos
A única forma de acceder a illa é grazas os catamaráns, estes se poden coller dende Cangas, Vigo e Cesantes e tamén hai posibilidades de contratar unha visita guiada.

BATALLA DE PONTESAMPAIO ( Laura Otero)
Comezou o 7 de xuño e rematou o 9 de maio de 1809 en Pontesampaio e o vencedor foi España. A batalla foi dos españois contra os franceses. O comandante francés era Michel Ney e o español Pablo Morillo e Morillo.
Os franceses eran 10.800 soldaddos contra 10.000 soldados e milicia española.
O 7 de xuño o mariscal Ney, ao mando de 10:000 homes, realizou un ataque frontal sobre a pnte cortada, sendo resixeitado con grandes perdas. Ao día seguinte, Ney ordenou a unha parte das súas forzas que atacaran Caldelas, dúas leguas río arriba, cuxa ponte non fora destruída. Ao outro lado do río, os paisanos do Morrazo, Pontevedra e A Lama atríncheraronse con pedras e troncos de árbores. A batalla, ao igual que en Ponte San Paio foi terrible. Os mamelucos, a cabalería de elite do exército francés, cargaron en tres ocasións contra os voluntarios galegos que os rexeitaron noutras tantas ocasións.
O día 9, Ney convocou  consello dos seus oficiais e decidiu a retirada. Esta foi penosa porque o exército francés resultou acosado polos guerrilleiros que atacaban e mataban aos soldados rezagados. As tropas de Ney reuníronse en Lugo coas de Jean De Dieu Soult que tivera que abandonar Portugal, e todos xuntos retiráronse de Galicia en xullo de 1809. O choque supuxo a definitiva evacuación de Galicia por parte do exército napoleónico e a creación dun novo fronte para as súas armas.

A RÍA DE VIGO  (Laura Nogueira González – 3º A)
A Ría de Vigo. É unha das moitas rías que forman o litoral galego. Pero esta ría non é como as demais. Dende tempos remotos inspirou a persoas para compor. A pesar de que ten uns niveis altos de contaminación, compón unha fermosa paisaxe. As súas augas non son as mais limpas nin as máis tranquilas do mundo, pero consegue que limpes a túa mente e que no teu interior estes máis tranquilo coa túa persoa. E fermoso é o seu cheiro a mar é un estupendo modo de deixar que ese vento, que baila sobre as praias, leve os problemas. Chegas á praia de Cesantes, pechas os ollos, e por un intre, pola túa mente pasa “Qué haberá acontecido neste fermoso lugar?”. Pero as respostas atopalas ti.
Sabes que houbo importantes batallas, persoas recluídas en San Simón, e todo o que os libros poden dicirche, pero “qué pasou aparte diso?” Pode que fermosas historias de amor, tráxicas perdas, morte.
Por iso cando chego a calquera praia de Vigo, sobre todo á praia de Cesantes, un pouco de tristeza invádeme, pero cun fermoso matiz de esperanza polo futuro, porque se pasou isto agora... Que pasará no futuro?

HISTORIA DA ILLA DE SAN SIMÓN E SAN SIMÓN NA GUERRA CIVIL
A partir do ano 1936 comezou a guerra civil española, os edificios da illa empregáronse como campo de concentración e de exterminio para os presos políticos, contrarios ao franquismo, provenientes das zonas próximas. Arredor de 600.000 persoas foron encarceradas durante a guerra civil ea posguerra. Foi cualificada como colonia penitenciaria. Aínda que era un campo de exterminio onde os presos políticos eran asasinados. Esta illa foi usada de campo de exterminio ata o ano 1943.

O Barco “Upo Mendi”
O barco Upo Mendi partiu desde Bilbao chego de presos coa finalidade de integralos no sistema financeiro da illa de San Simón. A falta de calado impediu que o barco se acercase á illa de San Simón permanecendo fondeado na ría de Vigo.
Con todo isto xa só me queda darlles as gracias por atenderme.

YASMINA RIBEIRO – 3º ESO A
A Cantiga de Mendiño é unha cantiga de amigo escrita polo trobador galego-portugués do mesmo nome, que viviu entre o século XIII e o XIV. Este  poeta era probablemente dalgunha localidade preto á ría de Vigo, como Vigo ou Redondela. O seu poema é considerado un dos máis importantes da liña trobadoresca galaico-portuguesa. Nel, relátase como unha moza espera ao seu amigo na Ermida de San Simón, onde termina morrendo de amor. No poema fala de que a Illa de San Simón hai grandes ondas.

Martín Códax foi un poeta galego, posiblemente un xograr que viviu entre o século XIII e XIV. A súa orixe non está clara pero probablemente procede de Vigo. No poema “Ondas do mar de Vigo” di que é un mar axitado. No poema “Mía irmana fremosa treides comigo” fala da igrexa de Vigo que está preto do mar, que é axitado e que van mirar as ondas. Na cantiga “Quantas sabedes amar amigo” falan de que se van bañar nas ondas do mar e que é axitado.

Joan de Cangas parece ser orixinario de Cangas do Morrazo, foi un trobador galego do século XIV. Só se conservan tres cantigas de amigo sobre o Santuario de San Mamede. Non constrúe as súas composicións arredor do recurso do leixa-prém

Julio Verne naceu o 8 de febreiro de 1828 e morreu o 24 de marzo de 1905. Foi un escritor francés de novelas de aventuras. No seu libro de “20.000 leguas de viaxe submarino” fala de que van a Rande polo ouro e a prata. Na illa de San Simón hai un monumento de Julio Verne.

REFLEXIÓNS SOBRE O NOSO MAR

ENSENADA SAN SIMÓN

Co alumnado de 3º ESO fixemos unha busca sobre diferentes aspectos relacionados coa Ensenada de San Simón. Preme aquí para ver os traballos do alumnado. Logo escribimos algunhas reflexións sobre o mar. Aquí están as mellores.