PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

Teatro de monicreques

O luns 21 de xuño chegamos en taxi ao CEIP Santo Paio de Abaixo de Reboreda. Previo ensaio in situ, representamos uns contos con monicreques, ambientados con música, para @s pequen@s de cinco anos deste colexio. Actuamos, cantamos, rimos... E, como a representación foi éxito, convidáronnos a actuar para o ano vindeiro.

Guía de libros: DIEGO GONZÁLEZ PUGA

Título: Un vello que lía novelas de amor
Autor: Luis Sepúlveda
Trama:
Trata dun home que viaxa a unha paraxe tropical onde vive unha serie de aventuras.
Opinión:
Creo que é un libro moi bo que utiliza unha gramática moi elaborada na que nos permite apreciar a paisaxe da gran selva amazónica

Título:
O neno co pixama a raias
Autor: John Boyne
Trama:
Trata dunha familia que vai vivir preto dun centro onde se agrupa os xudeus. O protagonista, xa instalado preto do centro, faise amigo dun xudeu que vivía alí
Opinión:
É un libro moi interesante e fácil de ler, que nos permite coñecer algunha información sobre a Alemaña nazi

Titulo: Un ollo de vidro
Autor:
Castelao
Trama:
Conta a historia dun esqueleto que narra a vida nun cemiterio onde pode ver aos demais esqueletos mentres fan a súa vida de ultratumba
Opinión:
É un libro moi gracioso, que ve a morte cun ton humorístico, satírico e resulta moi ameno e sinxelo

Guía de libros: NOELIA AMOEDO DARRIBA

Memorias dun neno labrego
Autor: Xosé Neira Vilas
Argumento:
O libro trata dun rapaz da aldea, Balbino, que vive nos anos 20-30. O neno é labrego e de familia pobre. No seu caderno escribe todas as súas aventuras e inquedanzas, criticando as inxustizas da súa dura vida.
Opinión:
Creo que é un libro moi interesante que reflicte moi ben a vida da aldea nesa época desde o punto de vista dun neno inocente. Recoméndolle este libro a calquera persoa, porque é apto para todos os públicos e moi fácil de ler.

Si esto es un hombre
Autor: Primo Levi
Argumento:
O libro relata a experiencia do autor no campo de exterminio nazi de Auchwitz durante a Segunda Guerra Mundial. Nel conta o seu día a día, fala dos seus compañeiros, dos terribles acontecementos que alí ocorrían e do que se sente nesa situación.
Opinión:
Paréceme un libro fascinante, é o mellor libro que lin ata agora, porque me encantan estas historias, tan reais e dende o punto de vista de alguén que sufriu tal inferno. Recoméndollo á xente que lle guste a historia e que teña suficiente capacidade para entender unha linguaxe tan culta, é mellor que xa estudara a Segunda Guerra Mundial e o nazismo.

¡Asústate, Merche!
Autora: Fina Casalderrey
Argumento:
Trata dunha rapaza adolescente filla de nai solteira que debido á nova relación da súa nai cun home e aos seus problemas amorosos decide suicidarse. Ela conta toda a historia no seu diario dirixíndose á súa amiga imaxinaria Merche.
Opinión:
Cando lin este libro gustoume moito, aínda que só llo recomendaría a rapaces e rapazas adolescentes.

Guía de libros: ISMAEL MÍGUEZ COLLAZO

Libro: A Esmorga
Autor: Eduardo Blanco Amor
Argumento:
Trata de tres esmorgantes que van de troula unha noite. Durante esa noite fixeron varias trasnadas. Ao final da historia escapan da policía e dous deles rematan mortos. Esta historia está contada polo único supervivente, que está testificando perante un xuíz.
Opinión:
É un libro bastante interesante xa que narra as peripecias de tres esmorgantes.

Libro: Un ollo de vidro.
Autor: A.D. Rodríguez Castelao
Argumento:
A historia é contada por un historiador que atopa uns documentos e un ollo de vidro nunha tumba. Este le os documentos que contan as memorias dun esqueleto. Ao final da historia decide deixar os documentos na tumba dun amigo para que escriba as súas historias no cemiterio.
Opinión:
É un libro bastante divertido.

Libro: Os vellos non deben de namorarse.
Autor: A.D. Rodríguez Castelao
Argumento:
Cóntanos a historia de tres vellos, que nos relatan as súas historias amorosas. Ao final da historia, todos os vellos se encontran no cemiterio e falan do desenlace das súas historias amorosas. Nesta historia, Castelao satiriza os amores dos vellos cunhas raparigas novas.
Opinión:
É unha obra de teatro moi divertida.


Guía de libros: SANDRA RODRÍGUEZ ARAÚJO

Libro: Relato de un náufrago.
Autor: Gabriel García Márquez.
Argumento :
A historia vai dun home que por causa dun naufraxio no que levaban produtos de contrabando no barco pasa dez días sen comer nin beber a duras penas no mar Caribe, tras eses días que pasou converterase nun verdadeiro heroe.
Opinión.
Eu recomendo este libro xa que é moi interesante para alguén que lle gusten as aventuras , é un libro moi faciliño de ler e moi bo.

Libro: Un ollo de vidro.
Autor: A.D. Rodríguez Castelao.
Argumento:
A historia trata dun esqueleto, un historiador encontra uns documentos e un ollo de vidro nunha tumba, nel se contan as memorias dese esqueleto, o home deixaralle ese mesmo ollo e nun caderno a outro esqueleto e irase vendo como é a vida nun del no cemiterio.
Opinión:
É un relato moi interesante no que se descobre unha gran historia, recoméndollo a alguén que lle guste a literatura galega.
Libro: O neno do pixama a raias.
Autor: John Boyne.
Argumento:
Trata dun neno que vive en Berlín e que ascenderon ao pai; vai traballar preto do campo de concentración, alí coñece a un neno amigo e irase desenvolvendo a historia.
Opinión:
É un dos meus libros preferidos, é un libro bastante divertido e triste á vez; recoméndollo a calquera porque é verdadeiramente bo, xa que nel se conta a vida dun home que traballaba para Hitler.

GUÍA DE LIBROS

Nesta sección ofrécese unha guía de libros recomendados polo alumnado do Club de Lectura. Pincha no nome do alumno/a se queres información dos libros que recomenda.

Diego González Puga:


  • Un vello que lía novelas de amor de Luis Sepúlveda

  • O neno co pixama a raias de John Boyne

  • Un ollo de vidro de Castelao

Noelia Amoedo Darriba:



  • Memorias dun neno labrego de Xosé Neira Vilas

  • Si esto es un hombre de Primo Levi

  • ¡Asústate, Merche! de Fina Casalderrey

Ismael Míguez Collazo:



  • A Esmorga de Eduardo Blanco Amor

  • Un ollo de vidro de A.D. Rodríguez Castelao

  • Os vellos non deben de namorarse de A.D. Rodríguez Castelao

Víctor Rey Lago:



  • Os Comedores de patacas de Manuel Rivas

  • O descenso do derradeiro ocaso de Ángel de la Cruz

  • Os dous de sempre de A.D. Rodríguez Castelao

Sandra Rodríguez Araújo:



  • Relato de un náufrago de Gabriel García Márquez

  • Un ollo de vidro de A.D. Rodríguez Castelao

  • O neno do pixama a raias de John Boyne

Guía de libros: VICTOR REY LAGO

Libro: Os Comedores de patacas
Autor: Manuel Rivas
Argumento:
O protagonista de Os comedores de patacas é Sam, un adolescente enganchado na droga que habita nos lindes da delincuencia. No principio da historia, Sam ten un accidente co coche debido ao drogados que ían. Despois vai para a casa da avoa e alí sucédenlle varias acontecementos.
Opinión:
Recomendo este libro á mocidade xa que trata temas que a eles lle interesan.


Libro: O descenso do derradeiro ocaso
Autor: Ángel de la Cruz
Argumento:
Historia na que dúas periodistas viaxan ata unha vila para pescudar un caso dunha estudante que sucedera hai varios anos. Ao final a rapaza estudante era unha das periodistas e sabe todo o que en realidade acontecera. Nesta historia hai varios asasinatos nos que os cadáveres desaparecen e ninguén sabe onde. Unha pista para resolver os casos dos asasinatos: só digo unha vila de moito viño. Para saber datos debes ler o libro.
Opinión:
Recomendo este libro porque é moi interesante.

Libro: Os dous de sempre
Autor:
A.D. Rodríguez Castelao
Argumento:
Trata de dous rapaces que na súa xuventude xogaban xuntos. A medida que pasa o tempo vese como as súas vidas cambian moito debido a que os dous non tiñan a mesma posición social e económica. Ao final da historia os dous amigos cando son maiores vólvense atopar.
Opinión:
Recomendo este libro porque vese reflectida o dura que é a vida para moitas persoas e o fácil que é para outras.